RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adestramento táctico para o Dépor na primeira das dúas sesións desta semana en ABANCA-RIAZOR

O Dépor completou esta mañá a primeira das dúas sesións previstas esta semana en ABANCA-RIAZOR. A segunda delas será o sábado 25, día previo ao partido deste domingo 26 ás 19:00 (TVG-2 e InSports.tv) ante o RC Celta B, correspondente á 29ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Óscar Cano aproveitou para repasar o plan de partido nun exercicio táctico 11 contra 11. Un quecemento e unha tarefa física en forma de transicións completaron a mañá para o cadro.

Ademais do fabrilista Brais Val, todos os futbolistas do primeiro equipo estiveron sobre o céspede salvo Lucas Pérez, que quedou en casa con febre.

En rolda de prensa, o capitán Ian Mackay conta con que o dianteiro coruñés chegue ao partido: "Non se me pasa pola cabeza que non poida estar. Ten febre pero recuperarase. Estamos a xoves, até o domingo hai moitos días".

O porteiro deportivista asegura que "pouca xente vai ter máis ganas que Lucas para o domingo, así que non teño ningunha dúbida que vai estar no campo".

Mañá venres, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo ás 10:30, con almorzo previo para os futbolistas a partir das 9:00 horas.