RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Adeus á tempada con vitoria e Bota de Ouro

O Deportivo despediu a tempada en Riazor ante a súa afección con vitoria por 2 goles a 1 ante o Espanyol. A pesar de que foron os de Clemente os primeiros en marcar por medio de Roger, Makaay e Luque en apenas un minuto deron a volta ao marcador. O pichic

Chegouse ao descanso no Estadio de Riazor con resultado provisional de 0 a 1 a favor do conxunto de Javier Clemente. Roger, aos doce minutos, batía a Dani Mallo e adiantaba ao Espanyol no marcador. Despois, algunha tímida ocasión branquiazul, para Luque, Héctor ou Makaay, pero sen fortuna.
Riazor gardou un minuto de silencio en memoria de Andrés Caramés, fisioterapeuta do Club coruñés, e de Javier Uría, presidente do Athletic, recentemente falecidos. Nese primeiro tempo Víctor tivo que ser substituído e ao final da primeira parte Djorovic entrou en substitución de Donato, que foi aclamado coas bancadas de Riazor postas en pé en homenaxe ao hispano brasileiro.

O segundo tempo comezou con máis ocasións para o Deportivo, aínda que Roger tamén puxo en aprietos a Dani Mallo. Pero Makaay nun rexeite na área anotou o gol do empate que o consolidou aínda máis no posto de pichichi, igualando a marca que ostentaba Bebeto no Deportivo de goles marcados nunha tempada. Xusto un minuto despois o holandés dá un gran pase a Luque que marca o segundo e definitivo gol branquiazul.

O Deportivo remontou o encontro, queda o tres puntos e festexa cunha vitoria a despedida da liga cos seus afeccionados.

Dani Mallo, Héctor, Andrade, Donato, Capdevila, Sergio, Duscher, Víctor, Luque, Amavisca e Makaay integraron o once inicial branquiazul.
O Espanyol formou con Antonio, David García, Lopo, Velamazán, Morais, Milosevic, Roger, Torricelli, Boghossian, Fredson e Jarque.