RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Alevín A, Benxamín A e Fabril FC Benxamín, á fase final en Miranda do Corvo e Arteixo

ANOSACANTEIRA vive os últimos días de competición da temporada 2022-23. 

Alevín A e Fabril FC Benxamín clasificáronse hoxe venres para a Fase de Ouro da Miranda Cup, en Miranda do Corvo (Portugal) que terá lugar mañá sábado.

E en Ponte dos Brozos (Arteixo), o Benxamín A (na foto da noticia) clasificouse hoxe venres para os cuartos de final do Torneo do Atlético Arteixo que se xoga tamén mañá ás 11:30.

O Trofeo Mini Teresa Herrera, cuxa final se xoga en ABANCA-RIAZOR antes do Trofeo Teresa Herrera, foi o protagonista no inicio da semana.

O luns, os dous equipos benxamíns superaron os cuartos de final e o mércores xogáronse as semifinais, con cara e cruz:

O Benxamín A pasou á final ao gañar ao Sporting Coruñés (0-15) mentres que un Fabril FC Benxamín en plena xeira goleadora caeu nos penaltis ante o Ural Español CF. Ao final do tempo regulamentario houbo igualada (3-3).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:

Categoría alevín
Miranda Cup, no Estadio Sá Carneiro, en Miranda do Corvo (Portugal)
Primeira Fase (hora local, unha hora máis en Galicia)
Xoves 29 de xuño
ALEVÍN A 5 (Iker Obeso -3-, Javi Barral e Leo Sánchez) - US TORCY A 0
Venres 30 de xuño
ALEVÍN A 4 (Iker Obeso -2-, Antón Vilariño e Javi Barral) - AS CHELLES 0
ALEVÍN A 13 (Iker Obeso -4-, Mario González -4-, Leo Sánchez -2-, Thiago López, Manu Alcázar e Mateo Varela) - AD CARREGADO 0
Sábado 1 de xullo
Cuartos de final
12:00: ALEVÍN A - FUT 94 A

Categoría benxamín
Mini Teresa Herrera, cuartos de final (luns 26): BENXAMÍN A 4 (Hugo Quintela, Alejandro Astray, Mateo Carballeira e Miguel Candal) - VICTORIA CF 1

Mini Teresa Herrera, semifinal (mércores 28): SPORTING CORUÑÉS 0 - BENXAMÍN A 15 (Mateo Carballeira -7-, Hugo Bujía -3-, Miguel Candal -2-, Thiago López, Pablo Sánchez e Alejandro Astray)

Torneo do Atlético Arteixo, en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Primeira Fase
Venres 30 de xuño
BENXAMÍN A 7 (Alejandro Astray -3-, Mateo Carballeira, Hugo Quintela, Xiao Fontao e Hugo Bujía) - IMPERÁTOR OAR 1
URAL ESPAÑOL CF 1 - BENXAMÍN A 1 (Mateo Carballeira)
BENXAMÍN A 13 (Mateo Carballeira -3-, Alejandro Astray -3-, Hugo Quintela -2-, Miguel Candal, Thiago López, Hugo Bujía, Xiao Fontao e Pablo Sánchez) - ATLÉTICO ARTEIXO '2' 0
Sábado 1 de xullo
Cuartos de final
11:30: BENXAMÍN A - SCD PASTORIZA

Mini Teresa Herrera, cuartos de final (luns 26): FABRIL FC BENXAMÍN 14 (Leo Lorenzo -5-, Mateo Songo'o -3-, Diego Castelo -2-, Mateo Cardelle -2- e Alberto Novo -2-) - CFD ORZÁN 0

Mini Teresa Herrera, semifinal (mércores 28): URAL ESPAÑOL CF 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Mateo Songo'o, Alberto Novo e Leo Lorenzo). A penaltis: 6-5

Miranda Cup, no Estadio Municipal de Miranda do Curvo (Portugal)
Primeira Fase (hora local, unha hora máis en Galicia)
Xoves 29 de xuño
FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Mateo Cardelle -2-, Leo Lorenzo -2-, Mateo Songo'o, Diego Castelo, Alberto Novo e Breogán Díaz) - PARIS ACASA ACADÉMIE 0
Venres 30 de xuño
FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Leo Lorenzo -3-, Mateo Songo'o -2-, Diego Castelo e Alberto Novo) - VITÓRIA FC SETÚBAL 1
FABRIL FC BENXAMÍN 15 (Leo Lorenzo -3-, Mateo Songo'o -3-, Alberto Novo -2-, Álex Casado, Diego Castelo, Andrés Valencia, Mateo Cardelle -2- e Yago Prieto -2-) - UD LEIRIA 0
Sábado 1 de xullo
Cuartos de final
11:00: FABRIL FC BENXAMÍN - ES PARIS XIII