RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex e Mackay serán os primeiros en coñecer Galicia Azul xunto ao deportivismo na DéporTienda do Estadio

Os capitáns do RC Deportivo, Álex Bergantiños e Ian Mackay, farán unha paréntese nos seus últimos días de vacacións para estar xunto aos Deportivistas no primeiro día completo de venda de Galicia Azul, a primeira camiseta do Dépor 2022-2023.

Ambos os futbolistas compartirán dúas horas, entres as 11:30 e as 13:30, coa afección que se achegue á DéporTienda de ABANCA-RIAZOR, para coñecer non só a nova camiseta senón tamén o resto de equipamento de xogo branquiazul, os equipamentos de porteiro e parte da colección de adestramento da temporada.

Durante o acto ambos os xogadores asinarán autógrafos e faranse fotos con todos os Deportivistas que se pasen pola Nosa Casa.