RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Ánimo Javi!

Lionel Scaloni visitou na tarde do luns a Javier Sandá, un neno de 10 anos que se atopa ingresado no Hospital Materno Infantil da Coruña. Javi foi operado a semana pasada e reponse da súa enfermidade.

Leo regaloulle ao neno unha camiseta e unhas bandeirolas branquiazuis para a súa habitación, así como pins do Deportivo que Javi encargouse de repartir entre os seus compañeiros de planta.

Scaloni insistiu ao neno na necesidade para comer para recuperarse pronto e poder ir ver xogar ao equipo ao Estadio e mesmo a algún adestramento para presentarlle ao resto dos xogadores deportivistas.

A familia Sandá López púxose en contacto con Canaldeportivo para darlle unha sorpresa ao neno e Javier recibiu a visita dun dos seus xogadores favoritos no persoal branquiazul: Lionel Scaloni.

Leo estivo máis dunha hora charlando con Javier e con outros nenos tamén ingresados, cos que se sacou fotos e aos que asinou autógrafos.

O xogador díxolle que el tamén está lesionado no nocello e faloulle da súa irmá pequena, de cinco anos, que está en Arxentina. Javier comentoulle que ten moitas ganas de volver ao colexio e que xa se atopa mellor.

Ao final, Javier tamén lle fixo un agasallo a Leo, un precioso debuxo que fixo durante a súa estancia no Hospital.

Desde Canaldeportivo sumámonos á mensaxe de ánimo para Javier e todos os nenos que o acompañan: Alba, Quique, Juan, Alejandro...