RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ORZÁN SD

Aprazado o partido do Orzán SD Infantil A Femenino ante o Orzán SD Infantil B Femenino

O partido do Orzán SD Infantil A Femenino ante o Orzán SD Infantil B Femenino, correspondente á 6ª xornada no subgrupo 1º da Liga Galega, foi aprazado.

Agora será o organismo federativo o que fixe unha nova data para a disputa do encontro.

As orzanistas quedan na 3ª posición con 15 puntos, os mesmos que o Victoria CF e Racing de Ferrol.

O conxunto de Enrique Solla tampouco xogará mañá mércores 1 de novembro, día festivo, na 7ª xornada posto que o seu rival, o Sofán SD, retirouse da competición.

Os resultados até a data do Orzán SD Infantil A Femenino son os seguintes:

Orzán SD Infantil A Femenino 8 (Martina Vázquez, Marta Moreno, Naiara Fontenla, Claudia Sande, Carolina Lago, Lola Freire, Uxía Fariña e Bianca Ventureira) - UC Cee 1
Sporting Burgo 0 - Orzán SD Infantil A Femenino 7 (Carolina Lago -3-, Marta Moreno, Nerea Cruz, Uxía Fariña e Claudia Sande)
Orzán SD Infantil A Femenino 4 (Claudia Sande -2-, Lara Vázquez e Marta Moreno) - SCD Pastoriza 1
SCD Milagrosa 0 - Orzán SD Infantil A Femenino 6 (Marta Moreno -3-, Claudia Sande -2- e Naiara Fontenla)
Victoria FC 0 - Orzán SD Infantil A Femenino 4 (Marta Moreno -3- e Naiara Fontenla)
Orzán SD Infantil A Femenino - Orzán SD Infantil B Femenino, aprazado