RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aranzubia, o padriño e o socio 25.500, xuntos na Deportienda

Dani Aranzubia foi o encargado de entregar esta tarde unha camiseta do Deportivo a Óscar Lozano Carballeira, que a pasada semana se convirtió no socio 25.500 do Club. O acto foi na Deportienda. Óscar Lozano co seu "padriño",

Riazor é unha festa en cada partido do Deportivo. Non perdas o teu asento para o tres últimos partidos de Liga. Así, cada socio branquiazul pode retirar 2 entradas como máximo (da súa localidade se houber ou, en caso contrario, doutra similar) de forma conxunta, para o partido ante o Valladolid (6 de maio ás 20.00 horas) e As Palmas (mércores 16 de maio) ao prezo neste caso de dez euros cada unha. Unicamente haberá dispoñible 4.000 entradas para esta oferta.
 
A maiores, os socios teñen tamén a posibilidade de comprar dúas entradas a dez euros cada unha para o Huesca, último partido de Liga en Riazor (25, 26 ou 27 de maio, en horario por determinar). Haberá dispoñible 4.000 entradas para esta oferta.

Por conseguinte, cada socio pagará pola entrada dobre (unha para o Valladolid e outra para As Palmas) a suma de 20 euros se retira unha ou de 40 euros se retira dous para cada encontro. En ningún caso permitirase retirar entradas para un só dos partidos ante Valladolid e As Palmas.
 
Así mesmo, os prezos das entradas de público para o partido ante o Valladolid son:
Tribuna Superior: 50 euros. Sub-25: 25 euros
Tribuna Inferior: 45 euros. Sub-25: 20 euros
Tribuna Dianteira: 45 euros. Sub-25: 20 euros
Preferencia Superior: 40 euros. Sub-25: 20 euros
Preferencia Inferior: 25 euros. Sub-25: 15 euros
Preferencia Inferior Lateral: 25 euros. Sub-25: 15 euros
Maratón Superior: 35 euros. Sub-25: 18 euros
Maratón Inferior: 25 euros
Pavillón Superior: 30 euros. Sub-25: 15 euros
Pavillón Inferior: 20 euros. Sub-25: 10 euros
 
O horario da Oficina de Atención ao Socio e Accionista é, mañá xoves e o venres, de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 horas.