RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Ensaio xeral para o Novo Os Cármenes

O Dépor realizou esta mañá no campo 2 da Cidade Deportiva un ensaio xeral de cara ao partido deste sábado 16 de agosto ás 21:30 no Nuevo Los Cármenes (Dazn e LaLiga Hypermotion) ante o Granada CF con motivo da 1ª xornada de liga.

Así, após unha activación supervisada por Roberto Cabellud e Sergio Roca, Antonio Hidalgo dispuxo un partido once contra once.

A sesión, que contou tamén coa presenza do fabrilista Damián Canedo, concluíu con accións a balón parado.

Jose Ángel está con adestramento personalizado mentres que Ximo Navarro fai tarefas co grupo e tarefas co readaptador.

Mañá venres, Os Nosos adiantan o seu adestramento, que comezará ás 10:00 en lugar da as 10:30 horas. O motivo deste cambio é que nada máis concluír, o equipo viaxará a Granada, vía Málaga.