RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Adestramento en dous grupos este domingo para o Dépor xa coa Copa á vista, "un torneo que vén perfecto"

O Dépor adestrouse este domingo en dous grupos xa coa Copa del Rey ao virar a esquina, o martes 16 de decembro ás 19:00 (Movistar Plus) en ABANCA-RIAZOR ante o RCD Mallorca en dezaseisavos de final.

Na zona mixta, Germán Parreño cre que o torneo copeiro "vén perfecto como vén. O martes témolo xa. Non hai moito tempo de lamentacións senón traballar, traballar e traballar".

O porteiro deportivista asegura que "xa estamos metidos niso, con outro partido en ABANCA-RIAZOR ante #ANOSAFORZA, duro pero con ganas de afrontalo e darlle unha alegría á nosa xente".

Os titulares onte ante a Real Sociedad B tiveron xornada de recuperación, con só a activación co grupo. Este grupo de futbolistas pasou logo ao ximnasio, sala de fisioterapia e zona de auga.

Para o resto houbo ademais un exercicio de posición, outro de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.

Escudero está con adestramento personalizado; mentres que Daniel Bachmann e Ximo Navarro fan tarefas co resto dos seus compañeiros.

Brais Suárez, Samu, Quique Teijo e Noé foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este luns ás 17:00 Os Nosos realizarán no Dépor Training Center o último ensaio antes da cita copeira.