RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo sente "unha satisfacción grande polo traballo dos xogadores e por ANOSAFORZA, que nos empuxa moitísimo"

Antonio Hidalgo mostrouse na sala de prensa do Estadio Zubieta "contento, cunha satisfacción grande polo traballo dos xogadores e por #ANOSAFORZA, que nos empuxa moitísimo. Temos que seguir ofrecéndolles todo o que poidamos, deixarnos todo o que temos dentro e seguir".

O técnico deportivista asegura que está "no mellor club de España que podo estar, cunha afección incrible que en momentos se manifesta. Só quédame seguir traballando para darlle a volta a esas sensacións".

Confesa que "cando o tentamos e dámolo todo me poño moi contento especialmente por #ANOSAFORZA porque sei o difícil que é esta categoría, sei o que se sofre tamén fóra. Estou no mellor club de España que podo estar. Vou seguir dándoo todo como sempre, tentando buscar soluciones pero estou encantado de #ANOSAFORZA, do Club e a seguir pelexando".

Finalmente Antonio Hidalgo admite que unha vez que o Dépor púxose por diante no marcador ante a Real Sociedad B "faltounos algo de contundencia. O partido son 90 minutos e fomos traballando. Os cambios déronnos moitísimo, esa enerxía que necesitabamos. #ANOSAFORZA empuxounos moitísimo ao final e iso tamén é importante".