RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor afronta a recta final de LaLiga Hypermotion con só David Mella á marxe do grupo

O Dépor completou este martes 28 de abril unha nova sesión de adestramento entre os campos 2 e 3 do Dépor Training Center.

Os Nosos encaran os últimos 5 partidos de liga, o primeiro deles este venres 1 de maio ás 18:30 (retransmitido en directo por LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) ante o CD Leganés en ABANCA-RIAZOR, con todo o cadro sobre o céspede salvo David Mella, que continúa co seu plan específico de readaptación.

A dispoñibilidade de todos os futbolistas permite a Antonio Hidalgo manter a competitividade interna, xestionar mellor as cargas físicas e dispor de máis alternativas tácticas en momentos decisivos. 

O corpo técnico dispuxo após unha activación, unha serie de carreiras, un xogo de posición e un partido a tres cuartas partes de campo.

Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este mércores 29 de abril Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.