Diego Villares e Sergio Escudero atenderon unicamente aos medios de comunicación desprazados desde A Coruña a pé do autocar do RC Deportivo, fóra das instalacións de El Plantío.
O capitán deportivista afirma que o empate "nos deixa un sabor agridoce sobre todo por como foi" e cre que "o equipo fixo un bo traballo, adiantándose nunha boa primeira parte. Logo eles apertaron pero nós tivemos algunha sobre todo con Escudero".
Preguntado polo penalti inventado polo VAR, recalca que "o vimos todos. Non nos queda claro porqué o VAR ten que chamar ao árbitro cando este dicía que era interpretable. E el non interpretaba que había penalti. Non o entendemos para nada. Non é penalti na vida, pero son cousas que hai que deixar atrás".
Diego Villares pide "centrarse no que queda, o venres o CD Leganés. E a por o último tramo de temporada".
Pola súa banda, a Sergio Escudero, desde o banco, parécelle que a xogada de Quagliata "non é penalti. Non se acaba de entender o protocolo do VAR, cando entra e cando non. Non me gusta falar demasiado dos árbitros porque tamén se poden equivocar. Era un partido de moitísimas revolucións, quizais lle puido superar un pouquiño".
Cre que o Burgos CF "é un equipo moi traballado, que sabe ao que xoga, coas ideas moi claras. Sabiamos que ía ser moi difícil pero sacamos un puntiño máis, seguimos sumando e agora a facelo bo en ABANCA-RIAZOR".
Finalmente o lateral zurdo deportivista recalca que "nunca saímos a empatar un partido. Viñamos a por os 3 puntos pero sabiamos da dificultade do partido. Eles apertan moito, son un equipo intenso e este punto témolo que facer bo en casa a semana que vén", ante o CD Leganés o venres 1 de maio ás 18:30.
