O Dépor empatou (1-1) co Burgos CF este sábado 25 de abril en El Plantío, en partido correspondente á 37ª xornada en LaLiga Hypermotion.
Bil adiantou aos deportivistas ao cuarto de hora e empatou o cadro castelán grazas a un penalti inexistente que se inventou o VAR.
Antonio Hidalgo manifestou que o partido foi "de moita tensión, moito ritmo".
Con este resultado, Os Nosos sumam 65 puntos na segunda posición de LaLiga Hypermotion.
Foi baixa por lesión David Mella; mentres que Bil, de novo titular, foi o representante de ANOSACANTEIRA.
Respecto ao encontro do pasado luns en ABANCA-RIAZOR ante o CD Mirandés, Antonio Hidalgo dispuxo un cambio no once: Dani Barcia relevou a Loureiro na posición de central zurdo.
O partido arrincou co guión previsto: bloque baixo do Burgos CF e posesión do balón deportivista.
"Empezamos moi ben, con esa situación de pornos por diante", recalcou o técnico deportivista.
Adiantouse o Dépor ao cuarto de hora.
Quagliata mete un balón ao corazón da área, o primeiro remate de Luismi tapónao a defensa pero Bil caza o balón solto e fusila a Cantero de socato.
"Está a darnos moitísimo, sobre todo a esa última liña, ese traballo sen balón. Os dianteiros viven do gol e está nun gran momento", comentou o técnico deportivista sobre o canterano.
Este tanto tamén cambiou a decoración do encontro.
"A partir de aí o partido volveuse máis frenético. O Burgos CF empezou a presionarnos máis alto, a empuxar", apuntou o preparador branquiazul.
No minuto 20 chega un disparo raso de David Gónzalez após unha deixada de Fer Niño na área. Atallou Ferllo.
Á media hora, Fer Niño cabeceou lixeiramente fóra.
Empatou o Burgos CF grazas a un penalti inventado polo VAR no minuto 43 por un inexistente lapote de Guagliata a un rival cando despexaba de cabeza un centro lateral. O colexiado do encontro, que pitara saque de esquina, esta vez si foi capaz de cambiar a súa decisión, dunha correcta a unha claramente incorrecta.
Curro enganou a Ferllo na pena máxima e subiu as táboas, ao cabo definitivas.
Antonio Hidalgo opinou na sala de prensa que "non temos claro a interpretación do VAR, cando téñenche que chamar e cando non. A min faime graza que falen desde outros sitios. Isto funciona así, cada un xoga as súas cartas".
Xa no desconto, Mario Soriano disparou raso axustado á cepa dereita da portería burgalesa. Detivo ben Cantero.
Foi a última oportunidade do primeiro tempo, ao que se chegou con empate (1-1).
Após o paso polos vestiarios, Luismi estivo a piques de marcar nunha gran xogada persoal, na que se foi de varios rivais, pero o seu disparo raso, nunha posición moi escorada, foise lixeiramente cruzado.
Antonio Hidalgo empeza a mover fichas. Escudero releva a Quagliata, que estaba amoestado,e no lateral zurdo.
Precisamente de Escudero foron os dous seguintes disparos do Dépor, o primeiro alto e o segundo, raso, ás mans de Cantero.
Pouco despois, Villares e Eddahchouri entran por Luismi e Bil.
O Dépor esgotou os cambios ao relevar Loureiro e Jose Ángel por Ximo Navarro e Riki.
O adestrador deportivista explica que o cambio de Ximo Navarro debeuse a unha sobrecarga: "Cremos que non é nada importante e cambiámolo por precaución".
No minuto 78, Fer Niño cabecea un centro lateral que obriga a Ferllo a sacar a córner.
No desconto, o ex deportivista Mollejo cabeceou ao traveseiro unha falta lateral mentres que Escudero a punto estivo de marcar nun potente disparo afastado que se marcha rozando o pau esquerdo da meta de Cantero.
Con 1-1 concluíu o encontro.
"Foi un partido complicado, axustado da categoría. Estamos aí, pelexando. Na segunda parte púxosenos o partido máis controlado sobre todo coa saída de Escudero. Faltounos máis xente na última liña. Un punto e fóra de ABANCA-RIAZOR é moi positivo sumar", resumiu Antonio Hidalgo ante os medios de comunicación.
Burgos CF: Cantero, Atienza, Sergio González, Grego, Fer Niño, Miguel, David González (Mollejo, min. 72), Aitor Buñuel, Curro (Marcelo, min. 91), Íñigo Córdoba (Appin, min. 65) e Morante (Galdames, min. 65)
Deportivo: Ferllo, Ximo Navarro (Loureiro, min. 77), Lucas Noubi, Dani Barcia, Quagliata (Escudero, min. 60), Riki (Jose Ángel, min. 77), Mario Soriano, Alti, Luismi Cruz (Villares, min. 72), Yeremay e Bil (Eddahchouri, min. 72)
Árbitro: Andrés Fuentes, do comité valenciano. Amoestou a Quagliata (min. 41), Bil (min. 44), Atienza (min. 45+4), Curro (min. 46), Morante (min. 49) e Dani Barcia (min. 79). Expulsou a Mario González con vermella directa (min. 30).
Goles: 0-1 Bil (min. 16); 1-1 Curro, de penalti (min. 43)
Incidencias: partido disputado en El Plantío ante case deportivistas que non deixaron de animar.
