RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo avoga por "recuperar esa solidez inmediatamente para poder seguir competindo ao nivel que viñamos facendo"

Antonio Hidalgo referiuse na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR á "solidez que necesitamos para conseguir obxectivos, para sumar puntos. A Real Sociedad B xutou 3 veces a portería e fixo 3 goles. Hai que recuperar esa solidez porque é fundamental. Os goles son evitables e o partido perdémolo por erros nosos".

Insiste o técnico deportivista en "recuperar esa solidez inmediatamente para poder seguir competindo ao nivel que viñamos facendo. Dos últimos 7 partidos gañamos 5. Iso fala do ben que o fai o equipo pero quedamos cos dous últimos e a noite de hoxe (por onte)".

Precisamente subliña que ante os realistas "tentámolo por todos os medios, tivemos ocasións clarísimas; e nunha contra, un tiro de 30 metros e un tiro despois dunha segunda xogada vasche cunha derrota. Mirar as cousas con perspectiva e preparar o partido do martes".

Antonio Hidalgo lembra que "metemos ao equipo rival no seu campo, con moita xente detrás da pelota, chegando constantemente, con ocasións de todo tipo. Nunha perda e na primeira vez que se plantan diante de Germán atópaste con ese gol. O equipo seguiuno tentando e é certo que despois o segundo gol fíxonos algo máis de dano. É importante ver como perdes".

Advirte que "encaixar goles nesta categoría penaliza moitísimo. O equipo tivo caudal ofensivo, tivo o control de balón, foi capaz de meter ao rival no seu campo. Igual que o outro día o CD Castellón foi mellor, a Real non pero fixo máis goles que nós, levouse a vitoria e isto vai de goles".