RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Mario Soriano afirma que "hai que dar máis todos" e Germán lembra que "ninguén pense que isto ía ser fácil"

Mario Soriano e Germán Parreño pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR despois do partido ante a Real Sociedad B.

O mediocentro madrileño pide "facer autocrítica, traballar e a polo FC Andorra".

Cre que "hai que ser claros. Con isto para seguir arriba non nos vale. Hai que dar máis todos".

Mario Soriano insiste en "traballar. Queda moito. Hai que apertar, insistir no que estamos a facer ben e corrixir os erros".

Pola súa banda, Germán Parreño confesa marcharse de ABANCA-RIAZOR "sorprendido porque na primeira parte dominamos pero chégannos unha e imos perdendo. O segundo gol fainos dano. En ocasións estivemos por encima pero o seu porteiro fixo un partidazo".

O porteiro deportivista pide "valorar todo o que levamos feito porque o traballo é bo. Que ninguén pense que isto ía ser fácil. Nós xa o sabiamos".

Finalmente insiste en que "o traballo está aí: 7 partidos e 5 vitorias. Dous derrotas pero seguimos traballando, metidos no día a día e pensando xa no próximo partido".