RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor xa prepara no Dépor Training Center o choque ante o Granada CF "centrados en nós e tentar dar o máximo"

O Dépor, que este martes 3 gozou dunha xornada de descanso, comezou este mércores 4 de marzo no Dépor Training Center a preparar a visita do Granada CF a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 8 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas).

Stoichkov, na sala de prensa, asegura que Os Nosos encaran o choque "centrados en nós e tentar dar o máximo, como facemos sempre".

Yeremay está con traballo personalizado mentres que Hugo Ríos, Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Preguntado precisamente polo dianteiro camerunés, Stoichkov confesa que "persoalmente a min gústame moito. Xa o vexo adestrando, non é algo novo para min. Que siga así porque é moi novo e quédalle moito por diante".

O corpo técnico dispuxo após, unha activación con rondos, un exercicio táctico e fútbol reducido para concluír.

Este xoves 5, o Dépor adestrarase de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.