RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Os Nosos arrincan a preparación do partido ante  o Granada CF "felices. Hai que gozar deste camiño, que é bonito"

DÉPOR · 3 MARZO 2026

OS NOSOS ARRINCAN A PREPARACIÓN DO PARTIDO ANTE O GRANADA CF "FELICES. HAI QUE GOZAR DESTE CAMIÑO, QUE É BONITO"

Os Nosos, este martes 3 de marzo con xornada de descanso, arrincan este mércores 4 de marzo a partir das 10:30 a preparación da seguinte cita ligueira, a visita do Granada CF prevista para este domingo 8 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR.O triunfo no Estadio Zubieta, cuxos mellores momentos podes ver no vídeo entre o texto, deixou ao Dépor en 3ª posición da táboa con 49 puntos, os mesmos que o CD Castellón (2º) e a UD Almería (4º).A regulamentación establece que para desfacer esa igualada, e a falta do CD Castellón - UD Almería por xogarse, recórrese á diferenza entre goles marcados e encaixados: +17 ten o CD Castellón por +13 Dépor e UD Almería.Así pois, os levantinos ocuparían a 2ª posición; e faltarían por desempatar Dépor e UD Almería.O seguinte criterio son os goles encaixados. E aí gañan os branquiazuis porque recibiron menos tantos que os blanquivermellos: 31 por 40.Así pois, o Dépor situaríase na 3ª posición e a UD Almería, na 4ª.

Coa da Real Sociedad B, os pupilos de Antonio Hidalgo suman 5 vitorias nas últimas 7 xornadas; e 26 xornadas de 28 xogadas en postos de ascenso: 15 en posicións de playoff e 11 en ascenso directo, reflexo dunha temporada marcada pola constancia e a ambición.Mario Soriano pediu "estar felices. Hai que gozar deste camiño, que é bonito".Ao centrocampista madrileño, autor do gol do triunfo ante a Real Sociedad B no desconto, bloqueáronlle outros 3 remates anteriores. E seguiu insistindo, como o resto do equipo.Precisamente a celebración ao final do partido no Estadio Zubieta evidencia unión, compromiso e sentido de pertenza. Non é xestualidade baleira, é cultura de equipo. É un grupo que cre, que sofre e celebra unidos. Ese intanxible tamén suma puntos e constrúe proxecto.Iso si, Mario Soriano recalca en que "hai que traballar esas cousas que debemos mellorar. E a seguir".

Para iso, o corpo técnico dispuxo de 4 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center con esta planificación:Mércores 4 de marzo10:30 h.Xoves 5 de marzo10:30 h.Venres 6 de marzo10:30 h.Sábado 7 de marzo10:30 h.Domingo 8 de marzo21:00: Deportivo - Granada CF, en ABANCA-RIAZOR