RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Arrinca a nova Escola RC Deportivo en Carballo

A Fundación RC Deportivo, da man das Escolas Luis Calvo, puxo en marcha a primeira edición da Escola RC Deportivo no campo de fútbol municipal das Eiroas.

Este mes de marzo preto de medio centenar de participantes comezaron a adestrar en dúas quendas de traballo, os luns e mércores, baixo a supervisión dos técnicos da canteira do Real Club Deportivo.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de idades entre os 6 e 14 anos que queiran participar, independentemente do seu nivel de práctica ou a súa experiencia en fútbol.

As inscricións atópanse permanentemente abertas e aínda quedan prazas dispoñibles para os meses de abril e maio. Para iso poden completar a súa inscrición a través da ligazón http://escola.rcdeportivo.es

Deste xeito, a Fundación RC Deportivo continúa expandindo o sentimento deportivista entre os máis pequenos, sumando outra sede ás xa activas en Alvedro, Outes, Colexio Internacional Eirís e Colexio Jesuitinas.

Calquera club ou centro educativo interesado en sumarse ao proxecto poden contactar coa organización na dirección de correo electrónico escola@rcdeportivo.es