RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
TERESA HERRERA

As finais do Mini Teresa Herrera este sábado ás 10:30 serán os prolegómenos dunha intensa xornada en ABANCA-RIAZOR

Como é tradicional, as finais do Trofeo Mini Teresa Herrera o sábado 10 de agosto ás 10:30 serán os prolegómenos dunha intensa xornada en ABANCA-RIAZOR vespertina co partido polo terceiro e cuarto posto (16:00) e a gran final da LXXIX edición masculina (21:00); e a final da XII edición feminina (18:30).

Así, o Fabril FC Benxamín e o Victoria CF pelexarán polo trofeo en categoría benxamín na metade do campo de Pavillón.

Mentres que Victoria CF e Ural Español CF disputarán a final de prebenxamín na metade do campo de Marathón.