RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

As Pontes organizará por segundo ano consecutivo un dos DéporCampus Cabreiroá

As Pontes volverá organizar un dos DéporCampus Cabreiroá, grazas á colaboración entre o RC Deportivo, o CD As Pontes e o concello da devandita localidade.

A vila pontesa repite experiencia nos DéporCampus Cabreiroá por segundo verán consecutivo, despois da súa estrea en 2017.

Á presentación do DéporCampus Cabreiroá 2018 das Pontes asistiron Montse García (tenente de alcalde das Pontes), Chicho Tembras (concelleiro de deportes), Xaime Castro (presidente do CD As Pontes) e toda a directiva do club local. En representación do RC Deportivo acudiu ao acto Pablo Barros, director dos DéporCampus.

As Pontes será unha das sedes deste DéporCampus Cabreiroá 2018 cunha quenda, do 9 ao 13 de xullo. A Cidade Deportiva do Poboado será o escenario deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse até o mediodía do xoves 5 de xullo.

Os DéporCampus Cabreiroá creceron de forma exponencial desde a chegada do actual consello de administración do RC Deportivo. Dun campus cunha única sede e menos dun centenar de nenos e nenas en 2013 pasáronse ás actuais 14 localizacións. Este verán estréanse 5 sedes: Ourense, Cuntis, Dumbría, Boiro e Camargo (Cantabria), que se suman ás xa existentes en Abegondo, Viveiro, Bertamiráns, Caranza, Monforte, As Pontes, Ordes, Zas e Xenebra (Suíza).

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl