RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Baños medicinais no balneario de Arteixo pensando no R.Murcia

Aínda que o R.C.Deportivo xa nada se xogaba no último partido de Liga, a preparación estaba a ser moi intensa. Se o día anterior disputouse un encontro amigable contra o Hércules de San Pedro, na xornada posterior Arsenio levara aos seus a tomar baños med

UNHA PROMOCIÓN EN RIAZOR
Decidida a aliñación coruñesa

Despois do encontro de adestramento que os branquiazuis ventilaron en San Pedro de Nos o pasado xoves, José María Martín considerou oportuno levar aos compoñentes do equipo ata o balneario de Arteijo, onde onte pola mañá todos eles tomaron un baño medicinal. Non o fixeron Rabadeira, Seoane, Galego, Canario e Richard, que permaneceron en Riazor, realizando todos eles exercicios de recuperación. Os guardamentas Canedo e Jorge adestráronse no estadio ás ordes de Carlos Torres e despois tamén se trasladaron a Arteijo para meterse nas reconfortadoras augas medicinais. Miguel non se encuenta ben no seu aspecto físico.

Así transcorreu a xornada de onte para os deportivistas ante o encontro contra o Murcia. Hoxe haberá unha última sesión de traballo e despois os xogadores marcharán, como outras veces, ao seu habitual lugar de concentración nun hotel da praia de Santa Cristina. Martín ten o propósito de que contra o Murcia saian: Canedo; Pardo, Piris, Belló; Ballesta, Albino; Piño, Vales, Castro, Cocco e Pousada. Para as suplencias conta con Jorge, Vituco, Piña e Rivas.

Aínda que practicamente xa quedou descolgado do pelotón de cabeza, o Deportivo da Coruña vai procurar mañá ofrecer un triunfo aos seus seguidores, un triunfo acompañado dunha boa actuación. O partido está sinalado para o catro e media e da súa dirección encargarase Sánchez Arminio, do Colexio Cántabro.