RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Batería de exercicios tácticos en ABANCA-RIAZOR coa mente no Nuevo Vivero

Borja Jiménez encerrouse co seu cadro esta mañá en ABANCA-RIAZOR, como adoita afacer un día de cada semana de competición ligueira.

O técnico deportivista aproveitou o céspede do estadio para despregar unha serie de exercicios tácticos coa mente posta na visita ao CD Badajoz deste sábado 12 de marzo ás 19:00 horas (Footters) no Estadio Nuevo Vivero, correspondente á 27ª xornada no grupo 1º de Primera RFEF. A mañá concluíu cun partido once contra once a campo completo con constantes cambios de posicións e futbolistas; e unha última tarefa de finalizacións.

Víctor e Álvaro Rey están con traballo personalizado; mentres que Trilli, Noel, Yeremay, Alberto e Iván Guerrero foron hoxe a representación de #ANOSACANTEIRA.

En sala de prensa, Ian Mackay, recuperado dunha escordadura de nocello, subliñou que "o corpo médico fixo un traballo espectacular. Imos facendo cousas para poder chegar mellor ao seguinte partido, que é o importante e collendo boas sensacións, que é o que lle gusta ao xogador". O meta coruñés adéstrase con normalidade e subliña que "tanto os fisioterapeutas, como o readaptador e os doutores puxéronme todo ao meu alcance para poder chegar e conseguín chegar porque todos puxemos moito ao noso alcance para poder conseguilo".

Mañá xoves 10 de marzo, o equipo regresa a Abegondo para unha sesión que arrancará ás 10:30 horas. O cadro reunirase ás 9:00 para almorzar no complexo deportivista.