RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Bo balance de #ANOSACANTEIRA nos torneos disputados esta fin de semana

Cinco equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron torneo amigable desde o pasado venres: Infantil, Alevín A, Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

Hoxe domingo, o Infantil e o Alevín B lograron unha meritoria medalla de bronce en Miranda e Ourense após derrotar nas finais de consolación ao Real Madrid e Athletic Club respectivamente; mentres que en Salamanca e Porriño, os penaltis deron as costas onte sábado ao Alevín A e Benxamín B, apeados nesta sorte polo Celta e Alondras A respectivamente nos cuartos de final.

O mellor resultado foi a medalla de prata do Benxamín A, subcampión do Torneo do Narón O Freixo no campo de Río Seco (Narón).

Os resultados foron os seguintes:

Categoría infantil

XVIII Torneo Ciudad de Miranda nos campos de Ence (Miranda de Ebro)
Primeira Fase
Venres 14 de setembro
CD LA CHARCA 1 - DÉPOR 3 (Ayana, Pablo e Héctor)
Sábado 15 de setembro
DÉPOR 3 (Pablo, Ayana e Lucas) - GETAFE CF 0
FC BARCELONA 2 - DÉPOR 0
SD EIBAR 0 - DÉPOR 3 (Pablo, Guerrero e Carballo)
Domingo 16 de setembro
Semifinais
DÉPOR 0 - REAL SOCIEDAD 3
Terceiro e cuarto posto
DÉPOR 1 (Guerrero) - REAL MADRID 0

Categoría alevín

Copa Tormes en Santa Marta de Tormes (Salamanca)
Primeira Fase
Venres 14 de setembro
ALEVÍN A 1 (Raúl) - PARQUESOL 0
Sábado 15 de setembro
ALEVÍN A 0 - ATLÉTICO DE MADRID 1
ALEVÍN A 6 (Murilo -2-, Jorge, Eli, Rubén e Raúl) - UD SANTA MARTA B 0
Cuartos de final
ALEVÍN A 1 (Erick) - CELTA 1. Por penaltis: 2-3

III Torneo Internacional Mercedes Benz Garza, nas instalacións de Be One Ourense


Primeira Fase
Sábado 15 de setembro
ALEVÍN B 2 (Anxo e Janusz) - ATLÉTICO DE MADRID 1
ALEVÍN B 3 (Nico, Iago e Anxo) - PABELLÓN 1
ALEVÍN B 3 (Anxo -3- e Iago) - SANTA TERESITA 0
ALEVÍN B 1 (Janusz) - VITÓRIA GUIMARÃES 0
ALEVÍN B 1 (Anxo) - PORTO 0
ALEVÍN B 3 (Balbas -2- e Anxo) - ATHLETIC CLUB 1
FC BARCELONA 4 - ALEVÍN B 1 (Pablo)
Domingo 16 de setembro
Semifinal
ALEVÍN B 0 - BARCELONA 2
Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN B 1 (Nico) - ATHLETIC CLUB 0

Categoría benxamín

V Torneo Narón O Freixo no campo de Río Seco (Narón)
Sábado 15 de setembro
Primeira Fase
BENXAMÍN A 7 (Paulo -2-, Gael -2-, Íker -2- e Adrián) - RÁPIDO DE BOUZAS 0
BENXAMÍN A 7 (Pablo -2-, Ioan -2-, Yago, Joaquín e Paulo) - ATLÉTICO ARTEIXO 0
BENXAMÍN A 5 (Paulo -2-, Mauro, Joaquín e Yago) - CD AS PONTES 0
Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Ioan, Nico e Íker) - CALASANZ 0
Semifinal
BENXAMÍN A 3 (Íker -2- e Paulo) - CELTA 1
Final
BENXAMÍN A 1 (Nico) - VICTORIA 1. Por penaltis: 2-3

Torneo do CD Atios en O Carballo (Porriño)
Sábado 15 de setembro
Primeira Fase
BENXAMÍN B 0 - SD ATIOS A 1
INDEPENDENTE 0 - BENXAMÍN B 5 (Raúl -2-, Rodri, Pablo Vara e Iago)
BENXAMÍN B 1 (Javi Seoane) - EF FINTAS 0
Cuartos de final
BENXAMÍN B 0 - ALONDRAS A 0. Por penaltis: 3-4