RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Boiro, novidade dos DéporCampus Cabreiroá 2018, cunha quenda do 9 ao 13 de xullo

A localidade de Boiro súmase aos DéporCampus Cabreiroá neste verán 2018 grazas á colaboración entre o RC Deportivo, a EFM de Boiro e o propio concello barbancés.

Boiro súmase á nómina dos DéporCampus Cabreiroá 2018. Ao acto de presentación acudiron o alcalde da localidade, Juan José Dieste Ortigueira, e tres representantes do EFM Boiro: Toño Martínez Sueiro, Yago Iglesias e Óscar Mauricio Garcia, ademais do director dos DéporCampus Cabreiroá, Pablo Barros.

Dumbría estrearase nos DéporCampus cunha quenda, entre o 9 e o 13 de xullo. O Campo de Fútbol de Valiño será a sede deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse até o mediodía do xoves 5 de xullo.

Os DéporCampus Cabreiroá creceron de forma exponencial desde a chegada do actual consello de administración do RC Deportivo. Dun campus cunha única sede e menos dun centenar de nenos e nenas en 2013 pasáronse ás actuais 14 localizacións. Este verán estréanse 5 sedes: Ourense, Cuntis, Dumbría, Boiro e Camargo (Cantabria), que se suman ás xa existentes en Abegondo, Viveiro, Bertamiráns, Caranza, Monforte, As Pontes, Ordes, Zas e Xenebra (Suíza).

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl