RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez e cinco futbolistas clausuraron hoxe a cuarta quenda do DéporCampus Cabreiroá 2022 de Abegondo

O técnico Borja Jiménez e os xogadores Jaime Sánchez, Olabe, Mella, Raúl Carnero e Lapeña clausuraron hoxe venres 22 de xullo a cuarta quenda do DéporCampus Cabreiroá 2022 de Abegondo.

Ás 12:30, xusto ao finalizar a sesión matinal de adestramento do primeiro equipo, os futbolistas branquiazuis pasáronse polo campus para asinar autógrafos, fotografarse e entregar os diplomas aos máis de douscentos nenos e nenas participantes esta semana nesta sede, que comparte a instalación na que o Deportivo realiza a súa actividade diaria de pretemporada.

Os nenos e nenas divertíronse primeiro cos tradicionais inchables e completaron unha mañá de intensas emocións compartindo uns minutos cos seus ídolos ante a atenta mirada de familiares.

Hoxe clausuráronse ademais os DéporCampus Cabreiroá 2022 de Cuntis e Zas. En total, no tres sedes, participaron case 300 nenos e nenas.

A próxima semana, o DéporCampus Cabreiroá 2022 desenvolverase en Abegondo (quinta quenda). Así mesmo, está aberta até o vindeiro xoves 28 ás 12:00 a inscrición para a sexta quenda en Abegondo e a sede de Catoira.

Até a data, esta actividade xa tradicional no verán deportivo galego alcanzou os 1.585 alumnos; todo un éxito organizativo do Club e da Fundación RC Deportivo.

Para calquera consulta acerca da súa inscrición ou aclaración poden contactar coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.