Borja Jiménez manifestou na sala de prensa do Estadio Romano 'José Fouto' que o partido estivo "un pouco condicionado polas temperaturas. Custounos moito aos dous equipos. Na a primeira parte quizais estivemos algo mellor en canto a poder atacar en campo rival, sensación de dominio sen perigo pero de control polo menos. E a segunda parte é normal: xogas fóra de ABANCA-RIAZOR, non estás preciso, non te atopas cómodo e o equipo rival aperta e púxonos en complicacións".
Conclúe que son "3 puntos moi bos, un resultado moi bo fóra de casa. Gañamos, que é o máis importante e coa sensación de que quizáis este partido o ano pasado se nos escapase e este non. Moi contento nese aspecto".
Opina que o deste mediodía en Mérida é "deses partidos que como adestrador esíxeche moitísimo porque non terminas de atopar moi cómodo ao equipo. Fomos facendo modificacións, movendo moito desde a primeira pausa, a forma de defender. Achegamos máis á xente que tiñamos fóra para fixar cos de dentro. Logo cambiamos no inicio da segunda parte para perna cambiada aos 10 minutos. Logo cambiamos cun máis dentro, con Isi. Foi un partido de moita esixencia a nivel mental, pero contento porque gañamos, manexamos ben os últimos minutos excepto a falta frontal. O resto de situacións máis ou menos tiñámolas controladas".
Recalca que "tivemos a sorte, dentro da calor que facía, na pausa de hidratación para axustar como estabamos a defender. Cambiamos coa entrada de Isi, de Gorka. Dicíame os xogadores que estiveron moito máis cómodos. Quizais o tramo do 10 ao 30 da segunda parte foi cando máis incómodos estivemos, demasiado afundidos, faciamos moitas accións defensivas e desbordábannos. Grazas a ese parón, poder reorganizar á xente, estivemos máis cómodos. E logo o equipo tivo personalidade para defender os xogos aéreo, balóns, centros laterais... "
Considera "normal" as transicións do rival "polo número de xogadores que temos na última liña. Non lle dou a máis mínima importancia que nos saquen moitas transicións como as de hoxe, que máis ou menos todas as tivemos controladas, excepto a da dobre amarela. Estou contento polo esforzo dos mozos. Non era un partido fácil de xogar hoxe".
