Dous equipos de #ANOSACANTEIRA abriron onte mércores o calendario desta semana.
O Fabril FC Alevín venceu en San Pedro de Visma (0-9) ao Imperátor OAR en partido correspondente á 17ª xornada disputada na súa totalidade a pasada fin de semana e amarrou matematicamente a segunda posición do subgrupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8.
Os fabrilistas acaban de regresar de Macedonia do Norte após proclamarse o domingo subcampións do Torneo conmemorativo do 20 Aniversario do FC Kumanovo, club da cidade de Kumanovo, segunda en importancia do país balcánico.
Así mesmo, o Benxamín A venceu en Abegondo (3-0) ao Victoria CF en choque da 16ª xornada do subgrupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8 suspendido o pasado 24 de febreiro.
Con este resultado, e a falta dunha xornada, os branquiazuis proclamáronse campións de grupo.
Mañá venres a quenda será para o Cadete, que visita a partir das 19:30 ao CD Conxo Santiago. O conxunto deportivista lidera a División de Honra con 9 puntos de vantaxe sobre o RC Celta mentres que os santiagueses marchan na 3ª posición.
Xa a fin de semana retornan á competición os equipos femininos do Club após o parón da semana pasada debido á celebración do Campionato de España por autonomías en Murcia en sub-17 e sub-15.
Ademais, o sábado 9 sobresae o partido do Fabril en Vilalba, a partir das 16:45.
Os branquiazuis afrontan o choque ante un rival directo coa inxección de enerxía que supuxo o triunfo en Zamora no último minuto a pasada fin de semana.
Xogan en Abegondo o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, ante o UD Ourense (16:15) e o Infantil, á fronte da División de Honra, ante o potente ED Val Miñor Nigrán, 3º na táboa (11:45).
Tamén compiten como locais, ademais dos dous equipos benxamíns, o Orzán SD Cadete Femenino (16.00 en San Pedro de Visma) ante a Escuela FB Amistade; e o Orzán SD Infantil B Femenino (16:45 en Eirís) ante o Orzán SD Infantil A Femenino.
Así mesmo o sábado o San Tirso SD Cadete visita ao RC Celta (16:00 na Madroa) nun partido con moito que gañar e pouco que perder; e o San Tirso SD Infantil en Vigo ao CD Areosa (12:15 na Xunqueira, Vigo).
O domingo 10 sobresae o encontro do Deportivo ABANCA B ante o Sárdoma CF en Abegondo (16:30), de Tercera Federación FutFem.
No vestiario branquiazul, Elena Vázquez foi convocada coa selección española sub-17 para disputar a Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa, do 11 ao 21 deste mes de marzo en Países Baixos.
A canteirá acaba de chegar duns adestramentos con este combinado nacional en Madrid, acompañada pola tamén deportivista Lucía Rivas.
E ás 18:00, o Orzán SD Xuvenil Femenino visita á SD Tordoia e o Orzán SD B sub-16 Femenino ao Silva SD na Grela 1.
A gardameta orzanista Antía Veiga está concentrada desde onte mércores coa selección española sub-16 para o Torneo Desarrollo UEFA que se xogará en Irlanda do Norte do domingo 10 ao venres 15 de marzo.
Completa a xornada do domingo o choque do Alevín ante o Racing de Ferrol na Cidade Deportiva (10:30 horas), da 3ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
Non ten competición esta fin de semana o Xuvenil A debido á disputa da Fase Final da Copa del Rey.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
22ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SÁRDOMA CF, o domingo 10 de marzo ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 57 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 47 puntos; 3. Olímpico de León, 40 puntos; 4. Sárdoma CF, 39 puntos...
21ª xornada: SD TORDOIA - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 10 de marzo ás 18:00 na Rega (Tordoia)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 44 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Femenino, 43 puntos; 3. Lóstrego CF B, 40 puntos... 15. SD Tordoia, 13 puntos...
21ª xornada: SILVA SD - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, o domingo 10 de marzo ás 18:00 na Grela 1 (A Coruña)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 9. Brexo Lema SD, 30 puntos; 10. UD Carral, 28 puntos; 11. Orzán SD B sub-16 Femenino, 27 puntos; 12. Silva SD e Cultural Maniños, 19 puntos...
21ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - ESCUELA FB AMISTADE, o sábado 9 de marzo ás 16:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
Clasificación da Liga Galega cadete, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 57 puntos; 2. Victoria CF, 51 puntos; 3. Escuela FB Amistade, 48 puntos...
21ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, o sábado 9 de marzo ás 16:45 en Eirís (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega infantil, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A Femenino, 53 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 52 puntos; 3. Racing de Ferrol (un partido menos), 46 puntos... 11. Sporting Burgo (un partido menos), 17 puntos; 12. Orzán SD B sub-16 Femenino, 14 puntos; 13. AD Cristo Rey, 11 puntos...
Segunda Federación
26ª xornada: RACING VILLALBÉS - FABRIL, o sábado 9 de marzo ás 16:45 na Magdalena (Vilalba)
Clasificación: ... 8. Real Avilés Industrial, 34 puntos; 9. Marino de Luanco, 32 puntos; 10. Fabril e Real Valladolid Promesas, 30 puntos; 12. Coruxo FC, 29 puntos; 13. RS Gimnástica de Torrelavega e Real Oviedo Vetusta, 28 puntos; 15. Racing Villalbés, 27 puntos...
Categoría xuvenil
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 54 puntos; 2. Xuvenil A e Real Oviedo, 51 puntos; 4. RC Celta, 50 puntos; 5. SD Compostela, 41 puntos...
25ª xornada: XUVENIL B - UD OURENSE, o sábado 9 de marzo ás 16:15 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 64 puntos; 2. RC Celta B, 60 puntos... 11. UD Ourense, 30 puntos...
Categoría cadete
23ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - CADETE, mañá venres 8 de marzo ás 19:30 na Merced (Santiago de Compostela)
23ª xornada: RC CELTA - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 9 de marzo ás 16:00 na Madroa (campo 2)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 64 puntos; 2. RC Celta, 55 puntos; 3. CD Conxo Santiago, 48 puntos... 9. San Tirso SD Cadete, 31 puntos...
Categoría infantil
21ª xornada: INFANTIL - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 9 de marzo ás 11:45 en Abegondo
21ª xornada: CD AREOSA - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 9 de marzo ás 12:15 na Xunqueira (Comesaña, Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 58 puntos; 2. RC Celta, 53 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 42 puntos... 8. CD Areosa, 30 puntos... 10. San Tirso SD Infantil, 23 puntos e UD Santa Mariña, 23 puntos; 12. Ural Español CF, 20 puntos...
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 3ª xornada: ALEVÍN - RACING DE FERROL, o domingo 10 de marzo ás 10:30 en Abegondo
18ª xornada (última): FABRIL FC ALEVÍN - ALEVÍN A, o mércores 12 de marzo ás 18:45 en Abegondo
17ª xornada (onte mércores): IMPERÁTOR OAR 0 - FABRIL FC ALEVÍN 9 (Hugo Quintela -3-, Thiago López -2-, Miguel Candal -2-, Alejandro Astray e Hugo Álvarez)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A (xa campión), 51 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 43 puntos; 3. CD Calasanz, 36 puntos...
Categoría benxamín
16ª xornada (onte mércores): BENXAMÍN A 3 (Mateo Songo'o, Álex Casado e Yago Prieto) - VICTORIA CF 0
18ª xornada (última): BENXAMÍN A - CF DEPORTIVO ORZÁN, o sábado 9 de marzo ás 11:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A (xa campión), 45 puntos; 2. Victoria CF, 36 puntos... 9. CF Deportivo Orzán, 3 puntos
18ª xornada (última): FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO ARTEIXO, o domingo 10 de marzo ás 10:00 en Eirís
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín (xa campión), 51 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 34 puntos... 10. Atlético Arteixo, 7 puntos