RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A canteirá Dunia Dahmouni, citada para dous partidos en xuño con Marrocos sub-17 clasificatorios para o Mundial

Dunia Dahmouni Lamouajed foi convocada pola selección de Marrocos sub-17 para dous partidos clasificatorios para o Campionato do Mundo da categoría.

A dianteira orzanista permanecerá concentrada do 1 ao 16 do próximo mes de xuño.

Dunia Dahmouni acábase de proclamar campioa da Primera Autonómica co Orzán SD Xuvenil Femenino, no que anotou 21 goles en 25 partidos.

A canteirá é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Lucía Rivas, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Amin Mustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.

/* Bot imbee */