RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O xuvenil deportivista Nico Balbas, á sub-20 de Honduras

Nicolás Balbas Gonzales (Ferrol, 8 de maio de 2008) foi convocado pola selección de Honduras sub-20 para unha concentración de adestramentos que terá lugar do luns 23 ao martes 31 de marzo.

O canteirán, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns, permanecerá concentrado na Casa de la H, na cidade de Siguatepeque, Comayagua.

Durante este período, Honduras disputará dous partidos amigables de preparación, pendente de confirmar nos próximos días.

Nico Balbas acaba de disputar coa sub-17 o Campionato do Mundo da categoría.

Este extremo, ferrolán de nacemento pero con orixes hondureños, pertence ao cadro do Xuvenil A de División de Honra, na que nesta temporada xogou en liga 16 partidos, 14 deles como titular, e marcou 2 goles; e 4 en Copa, 1 deles de inicio.

Nicolás Balbas forma parte dun nutrido grupo de canteiráns que son xa internacionais en ANOSACANTEIRA como Samu Fernández, Raúl Lema, Mauro Valeiro, Antón Vilariño, Gael Seijo, Nikolay Dyulgerov, Pablo García, Mella, Yeremay ou Kevin Sánchez.