RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Campus de Fútbol RC Deportivo<br>Visita a Riazor e prazo de inscrición

Este mércores, ás 10 horas, os nenos da primeira quenda do Campus do Deportivo realizarán unha visita guiada ao Estadio de Riazor. Na mesma está prevista unha foto de familia coa Copa do Rei, na Deportienda. Será cara ás 11.30 aproximadamente.

A continuación, os rapaces regresarán en autocar a Acea de Ama, onde continuarán co traballo enfocado sobre todo a accións combinativas e partidillos tres contra tres e catro contra catro.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A SEGUNDA QUENDA

Ata o venres está aberto o prazo de inscrición para a segunda quenda do Campus do R.C. Deportivo, que terá lugar a próxima semana, de 10 a 14 horas, en Acea de Ama, e dirixido polos adestradores do club deportivista.

Os nenos e nenas que o desexen, e sempre que teñan entre 6 e 15 anos, deben dirixirse ás oficinas do R.C. Deportivo na Praza de Pontevedra. Os prezos son 72 euros para os socios do Dépor e 78 para os que non forman parte da masa social. A maiores hai un suplemento de 12 euros se se desexa servizo de autocar. É necesario cumprimentar un impreso, que debe ir acompañado por tres fotografas recentes.