RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Capdevila: Con Caparrós non existe relaxación, o que baixa o listón, págao caro

Joan Capdevila compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. -Que tal sentou este parón? -A verdade é que o descanso sempre senta ben e máis nós, que empezamos antes a xogar. -Supoño

-Que opinades no vestiario sobre todo iso de saídas de xogadores, como Aldo Duscher, chegadas doutros...?
-Moitas veces fálanse cousas e logo non pasa nada. Nós estamos totalmente á marxe pero é bo que soen ofertas por xogadores do Deportivo, iso quere dicir que facemos as cousas ben. No meu caso, por exemplo, non falei con Aldo nada absolutamente.

-E este ano, titular indiscutible cando en anteriores tempadas entrabas e saías constantemente do equipo.
-O pasado pasado está e hai que pasar páxina. Si teño que recoñecer que me cambiaron moito as cousas e estou máis contento porque xogo todos os partidos en Liga, que era o que quería.

-Coa baixa de Duscher por sanción en Santander, se xoga Capdevila no Sardinero na próxima xornada sería o o único futbolista de campo titular nos 12 partidos primeiros da liga. Un orgullo?
-Si, aínda que non deixa de ser para min unha anécdota.

-Haberá que dosificar forzas.
-Con Caparrós non existe a palabra relaxación. O que baixe o listón pagarao caro.Temos que traballar ao máximo para lograr o noso obxectivo, que é o de entrar en Europa o ano próximo.

-É posible despois destes últimos resultados e co calendario diante, chegar ao Nadal entre o catro primeiros?
-Oxalá que sexa así. Está claro que o partido de San Sebastián foi para nós un punto de inflexión. A partir de aí conxurámonos para saír adiante e saíunos ben no tres partidos seguintes, que fixemos sete puntos sobre nove posibles. Agora temos que ir a Santander e se gañamos, daremos un paso importante para confirmarnos aí arriba.

-Que opinión ten sobre a frecuente aparición de xogadores da canteira no primeiro equipo?
-Desde logo é bo para a xente nova que se conte con ela. Nos últimos anos apenas foi así, pero agora cambiou para todos. Eles non teñen experiencia pero poden achegar outras virtudes.

-Anímavos a seguir traballando aos que sodes veteranos?
-Claro que anima. Eles aprenden de nós pero nós, os que levamos máis tempo, tamén temos cousas que podemos tomar deles. Aquí todos somos un grupo e o que se trata é de sumar.