RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Carlota e ADT visitaron a Escola RC Deportivo

Carlota Sánchez e Ana de Teresa 'ADT', xogadoras do Dépor ABANCA, visitaron a pasada semana aos alumnos da Escola RC Deportivo Jesuitinas e Alvedro, respectivamente, cos que compartiron agradables charlas e aproveitaron para responder as súas preguntas, fotografarse con eles e asinar autógrafos. 

As inscricións das Escolas RCD atópanse permanentemente abertas. Calquera persoa que estea interesada pode consultar toda a información e realizar o proceso de inscrición na web http://escola.rcdeportivo.es.

Do mesmo xeito, calquera centro ou club interesado na apertura dunha nova sede, así como calquera dúbida ou incidencia coa súa inscrición, poden contactar directamente coa organización no email escola@rcdeportivo.es.