Catoira incorpórase á ampla lista de sedes dos DéporCampus Cabreiroá 2022
A localidade pontevedresa de Catoira súmase aos DéporCampus Cabreiroá como nova sede, onde levaráse a cabo por primeira vez un campus branquiazul entre o 1 e o 5 de agosto.
A actividade está destinada a nenos e nenas de 6 a 14 anos. Todos os adestramentos desenvolveranse no campo de fútbol das Lombas, lugar no que o pasado mércores 6 de xullo tivo lugar a presentación. A este acto acudiron Daniel Benavides, delegado da Xunta de Galicia; Iván Caamaño, concelleiro do concello de Catoira; José Antonio Chorén, presidente do Catoira SD; David del Oro, vicepresidente do Catoira SD; Francisco Jesús e Sito del Oro, directivos do Catoira SD, e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.
Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.