RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Celta 0 - Deportivo 5<br>A Deportivo gana en Vigo por goleada

var ivPlayer955487 = new IVPlayer("350", "260",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer955487.playVideo('player955487', 'lfp03-04_j18_resumo_Celta0-5deportivo_0

O Deportivo chegou ao descanso cun 0 a 2 no marcador grazas á súa eficacia en ataque. Dúas oportunidades, dous goles, o primeiro de Luque e o segundo de Víctor. Polo demais, o Celta estrelábase unha e outra vez contra a defensa dos de Irureta, moi ben situados e que apenas pasaron apuros. Jesuli tivo o 1-1 pero a súa vaselina deu no pau.

O segundo tempo, co resultado de face, xa tivo claro dominio branquiazul -aínda que hoxe os deportivistas xogaban de vermello- . Víctor volvería marcar, no minuto 70 e no 79, deixando sentenciado o partido, aínda que Diego Tristán, no 86, asinaría o quinto da noite para os herculinos.

Vitoria histórica que culminou cunha sonora pitada das bancadas de Balaídos para os seus xogadores.