RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Choque vital do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR fronte ao DUX Logroño para retomar o pulso á liga

O Dépor ABANCA disputa mañá sábado 14 de maio en ABANCA-RIAZOR un transcendental partido para evitar o playout nunha temporada de profunda reestruturación do fútbol feminino nacional. Nada máis finalizar o Dépor-CD Tudelano de Primera RFEF, As Nosas reciben ás 19:30 ao DUX Logroño, en partido da 28ª xornada de Reto Iberdrola, sen cobertura televisiva.

O conxunto branquiazul xogará todos os partidos que restan esta temporada no Estadio polas obras de reconstrución do céspede do Campo 1 de Abegondo. "O escenario dio todo", comentou respecto diso Paula Gutiérrez este mediodía na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

Despois de tres derrotas consecutivas (ante CD Parquesol, RCD Espanyol e Sporting de Gijón), a clasificación do grupo norte de Reto Iberdrola di que o encontro entre coruñesas e rioxanas é vital. Coa derrota da pasada fin de semana en Mareo, o Dépor ABANCA caeu á sétima praza da clasificación con 46 puntos, a 2 puntos da salvación, precisamente en mans do DUX Logroño, quinto con 48 puntos igualado co FC Barcelona B, sexto.

Na primeira volta, disputada no Estadio Mundial 82, o partido foi para o DUX pola mínima: 1-0.

Miguel Llorente afronta o encontro coa únicas baixa de Patri López, na recta final da súa recuperación; e de Carlota, sancionada por acumulación de amoestacións. Por conseguinte, Aroa Guerra representará a #ANOSACANTEIRA na convocatoria de 18 futbolistas.

A pesar da irregularidade de resultados nesta segunda volta, o proxecto do Dépor ABANCA continúa crecendo. Paula Gutiérrez prorrogou esta mesma mañá o seu contrato e uniuse así a Inés Altamira e Ainhoa Marín, anteriormente renovadas.

Pola súa banda, o cadro logroñesista, no que milita a ex deportivista Kika Moreno, chega a Abegondo após caer a pasada fin de semana no seu campo ante o FC Levante Las Planas: 0-1.

Fóra de casa, encadean catro derrotas consecutivas ante Racing Féminas (1-0), Zaragoza CFF (2-1), CDF Osasuna Femenino (2-0) e Oviedo Moderno CF (1-0). O seu último triunfo lonxe de Logroño data do 6 de febreiro en Mareo ante o Sporting de Gijón (0-1). En total, o DUX Logroño gañou 5 partidos, empatou 3 e perdeu 5; cun balance de 13 goles encaixados e 16 anotados.