RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Cinco adestramentos e primeiro amigable na segunda semana de pretemporada do Dépor ABANCA

A pretemporada do Dépor ABANCA endurécese xa na segunda semana.

Así, desde este luns 21 de xullo, Fran Alonso disporá de 5 sesións de traballo ademais do primeiro amigable, o mércores 23 de xullo en Braga ante o SC Braga da Primera División de Portugal.

As Nosas arrincaron os adestramentos en campo o pasado 16 de xullo após as probas médicas e físicas; e até houbo tempo para gozar dunha actividade de remo en traiñeira onte sábado grazas ao Club de Regatas Salgado Perillo (na foto da noticia).

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 21 de xullo
10:30 h.

Martes 22 de xullo
10:30 h.

Mércores 23 de xullo
12:00 (hora local, 13:00 en Galicia): SC Braga - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva do SC Braga

Xoves 24 de xullo
Descanso

Venres 25 de xullo
10:30 h.

Sábado 26 de xullo
10:30 h.

Domingo 27 de xullo
10:30 h.