RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Cita mañá mércores para Fabril e Dépor ABANCA B despois do triunfo hoxe do Xuvenil B en Carballo

Fabril e Deportivo ABANCA B teñen compromiso amigable mañá mércores 17 de agosto.

O do filial masculino será no campo da Ribela de Sarria, no Memorial Carlos Alberto Díaz. O torneo será baixo o formato 3x1, con dous partidos de 45 minutos ante a SD Sarriana, de Preferente Autonómica, e o Polvorín FC, de Segunda RFEF. A entrada ao público custará 2 euros e será doada integramente á Asociación Española contra o Cancro.

Óscar Gilsanz conta coas baixas por lesión de Martín Ochoa, Mella e Hugo Ríos. Ademais, o técnico fabrilista está pendente dos xogadores en dinámica do primeiro equipo, con adestramento mañá pola mañá, caso de Dani Barcia, Yeremay e Jairo.

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B recibe ao Viajes InterRías FF ás 18:30 no campo 5 de Abegondo.

Kevin Cabado, técnico deportivista citou ás seguintes xogadoras: María Calvo, Celia, Lucía Couto, Uxía Cabada, Lucía Mariño, Antía Brage, Carmen Carballada, Laura Testa, Abril, Iria Otero, Noela e Laura Otero; ademais de Martina, Uxía Rabuñal e Uxía López, do Orzán SD Xuvenil Feminino; e Sara Cercido, Ana Capelo, Macarena e Lucía Rivas, todas do Orzán SD Cadete Feminino.

O Xuvenil B abriu esta tarde o calendario semanal de amigables de #ANOSACANTEIRA.

O conxunto que prepara Miguel Figueira visitou ao Bergantiños CF na terceira cita do verán para o Xuvenil B tralas vitorias anteriores ante o CD Calasanz (6-2) e SD Valdoviño, de Primeira Autonómica (0-2).

Hoxe, os branquiazuis foron superiores (1-4) grazas aos goles de Mesfin -2-, Adrián e Rubén. E iso que o 'Bergan' púxose pronto por diante no marcador.

Tamén entrarán en xogo esta semana o Xuvenil A na Sinde's Cup de Narón; o Xuvenil B e Cadete no torneo MS2 Cup de Vigo; e o Infantil en Abegondo.

O calendario de partidos xa confirmados, sempre susceptible de sufrir variación, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
Mércores 17 de agosto
Memorial Carlos Alberto Díaz na Ribela (Sarria), o mércores 1
3x1
20:00: SARRIÁ CF - FABRIL
21:00: FABRIL - POLVORÍN FC

CD AS PONTES - FABRIL, o sábado 20 de agosto ás 18:30 no Poboado (As Pontes)

Categoría feminina
DEPORTIVO ABANCA B - VIAJES INTERRÍAS FF, o mércores 17 de agosto ás 18:30 en Abegondo (campo 5)

Categoría xuvenil
Sinde's Cup, Memorial José Antonio López Doce 'Tonecho' no campo de Sinde (Narón)
Domingo 21 de agosto
Semifinal
10:30: RACING DE FERROL - XUVENIL A
Ás 17:30 será a final de consolación entre o perdedor e o derrotado da outra semifinal que disputan CD Lugo e RC Celta; e ás 19:00 a gran final entre os gañadores das semifinais

BERGANTIÑOS CF 1 - XUVENIL B 4 (Mesfin -2-, Adrián e Rubén)

Torneo MS2 Cup, en Vigo
Venres 19 de agosto
Primeira Fase
10:20: XUVENIL B - PABELLÓN OURENSE CF, no campo José Costas
12:00: XUVENIL B - RÁPIDO DE BOUZAS, no campo José Costas
12:50: XUVENIL B - UD SANTA MARIÑA, no campo José Costas
Segundo clasificación, os equipos pasarán logo á Fase Final

Categoría cadete
Torneo MS2 Cup, en Vigo
Domingo 21 de agosto
Primeira Fase
12:00: CADETE - CD NARÓN, na Madroa
13:40: CADETE - CORUXO FC, na Madroa
Segundo clasificación, os equipos pasarán logo á Fase Final

Categoría infantil
INFANTIL - BERTAMIRÁNS FC, o sábado 20 de agosto ás 10:00 en Abegondo (campo 7)