Un equipo de #ANOSACANTEIRA ten cita mañá venres 29 de decembro. O Alevín A (na foto da noticia), participa na VI edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo.
Os equipos portugueses do FC Porto e AD Lousada, ademais dun conxunto clasificado da fase local, serán os rivais dos branquiazuis na primeira parte da competición.
Precisamente o Alevín A e o Fabril FC Alevín participaron ao longo do día de onte mércores no campo coruñés da Grela na XVI edición do Torneo de Nadal que organizou o Ural Español CF.
Despois dunha brillante primeira fase, ambos os equipos víronse as caras en semifinais. Impuxéronse (5-0) loxicamente os branquiazuis, futbolistas un ano maior que os fabrilistas co que iso supón a estas idades.
O Alevín para foi subcampión do torneo ao caer pola mínima (0-1) nunha rifada final ante o RC Celta.
Pola súa banda, o Fabril FC Alevín colgouse a medalla de bronce ao gañar (2-1) no partido polo terceiro e cuarto posto ao Bertamiráns FC.
Pechará esta semana o Fabril FC Benxamín que, dividido en dous equipos, compite o sábado 30 no X Torneo Indoor Arousa Fútbol 7, no complexo da Senra (Ribadumia).
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría alevín
XVI Torneo de Nadal do Ural Español CF no campo da Grela (A Coruña)
Mércores 27 de decembro
Primeira Fase
ALEVÍN A 2 (Manu Sande e Álvaro Gómez) - CD CALASANZ 1
ALEVÍN A 7 (David Gómez -2-, Jorge Fernández, Hugo Luaces, Manu Sande e Rui Caamaño) - RACING DE FERROL 0
ALEVÍN A 3 (Hugo Macedo, Rui Caamaño e David Gómez) - ED LUIS CALVO SANZ 0
Cuartos de final
ALEVÍN A 6 (Álvaro Gómez -2-, David Gómez -2-, Iván Gil e Manu Sande) - EF LALÍN 0
Semifinal
ALEVÍN A 5 (Álvaro Gómez -2-, Manu Sande, Nacho Villanueva e Martín López) - FABRIL FC ALEVÍN 0
Final
ALEVÍN A 0 - RC CELTA 1
VI Torneo Internacional do Nadal Concello de Vigo no campo Pahíño (Navia)
Venres 29 de decembro
Primeira Fase
9:30: ALEVÍN A - EQUIPO FINALISTA TORNEO NADAL DE VIGO (campo 2)
10:50: ALEVÍN A - FC PORTO (campo 2)
12:10: ALEVÍN A - AD LOUSADA (campo 2)
Segundo clasificación, os equipos pasarán á Fase Final, que se xoga a continuación
XVI Torneo de Nadal do Ural Español CF no campo da Grela (A Coruña)
Mércores 27 de decembro
Primeira Fase
URAL ESPAÑOL CF B 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Thiago López, Miguel Candal e Alejandro Astray)
FABRIL FC ALEVÍN 9 (Hugo Quintela -3-, Miguel Candal -2-, Nico Rodríguez-Ponce, Alejandro Astray e Xiao Fontao) - EF LALÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Pablo Sánchez) - PABELLÓN OURENSE CF 0
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 0 - ED LUIS CALVO 0. A penaltis: 3-2
Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 0 - DÉPOR 5
Terceiro e cuarto posto
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Álvarez e Miguel Candal) - BERTAMIRÁNS FC 1
Categoría benxamín
X Torneo Indoor Arousa Fútbol 7 na Senra (Ribadumia)
Sábado 30 de decembro
Primeira Fase
10:28: VILAGARCÍA SD B - FABRIL FC BENXAMÍN A
11:12: FABRIL FC BENXAMÍN B - CIRE MELIDE
13:46: FABRIL FC BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO
15:15: FABRIL FC BENXAMÍN B - UD SANTA MARIÑA
17:27: FABRIL FC BENXAMÍN A - RC CELTA B
18:33: ALTO DO VENTO FS - FABRIL FC BENXAMÍN B
Os dous primeiros de cada grupo pasarán a cuartos de final, que arrincan a continuación
