RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A canteirá Antía Veiga xa está concentrada en Madrid coa selección española sub-16

Antía Veiga Caramés (Ames, 9 de maio de 2009) está concentrada desde hoxe luns coa selección española sub-16 para uns adestramentos que terán lugar até este mércores 31 en Las Rozas (Madrid).

A gardameta orzanista, titular onte domingo no Orzán SD Xuvenil de Primera Autonómica no seu partido ante o Escuela FB Amistade, colle así a substitución doutros canteiráns que se atopan no radar das categorías inferiores da selección española como David Mella, Kevin Sánchez, Pablo García, José Rey, Elena Vázquez ou Lucía Rivas.

Por este motivo, Antía Veiga pérdese a convocatoria da selección galega sub-15 para un adestramento este mesmo mércores 31 de xaneiro ás 17:30 no campo da Braña en Rois no que si estarán as orzanistas Daniela Macedo e Claudia Sande.