Este domingo 7 de decembro xogáronse 2 partidos en ANOSACANTEIRA feminina.
O Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia) caeu en Narón ante a SD O Val (2-1) mentres que o Orzán SD Xuvenil na Torre (1-2) fronte ao Sporting Cambre.
Destacou esta fin de semana o partido do Dépor ABANCA B no campo Novo San Pedro ante o Atlético Villalonga.
Foi titular nas Nosas Antía Veiga, que acaba de participar coa selección española sub-17 na Rolda 1 do Campionato de Europa de Portugal.
Sandro Nogueira puido contar ademais coas 4 futbolistas citadas por Fran Alonso para o partido do primeiro equipo en ABANCA-RIAZOR ante o Granada CF e que non chegaron a saltar ao céspede: Carmen Carballada, Michi Apóstol, Lucía Rivas e Sonsoles. As 3 primeiras saíron de inicio co filial.
O encontro, disputado onte sábado 6 de decembro, acabou en empate sen goles.
Con este resultado, As Nosas son oitavas na clasificación da Segunda Federación con 14 puntos.
Ademais deste partido, o Orzán SD Infantil B non puido na Torre (0-7) co líder do grupo 2º da Liga Galega, o Victoria FC.
Tivo descanso o Orzán SD Infantil A en o grupo 1º da Liga Galega.
O partido do grupo 1º da Liga Galega entre o Orzán SD Cadete e o Sporting Burgo, o pasado venres 5 de decembro no campo da Lavandeira de Culleredo, abriu o calendario de partidos.
As orzanistas venceron por 11-0 e suman 22 puntos na 2ª posición da táboa, a 2 puntos do Victoria CF, líder do grupo.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
12ª xornada: ATLÉTICO VILLALONGA FF 0 - DEPORTIVO ABANCA B 0
Tercera Federación
10ª xornada: SD O VAL 2 - ORZÁN SD SUB-21 1 (Claudia Sande)
Primera Autonómica
11ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 1 (Daniela Barbanzán) - SPORTING CAMBRE 2
Liga Galega cadete
9ª xornada: ORZÁN SD CADETE 11 (Lorena Anastase, Carmen Couto -2-, Carolina Lago, Alba García -3-, Daniela Barbanzán -2-, Lola Freire e Antía Losada) - SPORTING BURGO 0
Liga Galega infantil
9ª xornada, grupo 2º: ORZÁN SD INFANTIL B 0 - VICTORIA FC 7
