RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con derrota este domingo 1 de marzo do Orzán SD Xuvenil en Antas de Ulla

Esta fin de semana, en ANOSACANTEIRA feminina, houbo parón ligueiro para o Dépor ABANCA B en Segunda Federación e para o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación.

Ambos os equipos chegaron a este descanso en 11ª e 8ª posición na táboa respectivamente.

Si competiron o resto de equipos de ANOSACANTEIRA feminina.

Para o domingo 1 de marzo quedou un só encontro. En Primera Autonómica, o Orzán SD Xuvenil caeu por 4-0 na súa visita a un rival da zona alta, a SD Antas. 

Con este resultado, as orzanistas quedan con 16 puntos na 13ª posición.

Por contra, este sábado 28 de febreiro gañou o Orzán SD Cadete ao Santa Cruz CF (5-0) para seguir no máis alto da táboa da Liga Galega; e os dous equipos infantís no campo 3 da Torre: o A ao Oza Juvenil SD (6-0) e o B ao Dumbría CF (2-0).

Os resultados foron os seguintes:

Primera Autonómica
20ª xornada: SD ANTAS 4 - ORZÁN SD XUVENIL 0

Liga Galega cadete
18ª xornada: ORZÁN SD CADETE 5 (Inés Neira -2-, Alba García -2- e Daniela Arrojo) - SANTA CRUZ CRUZ CF 0

Liga Galega infantil
17ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 6 (María López-Perales -2-, Rosalía Valencia, Lorena Anastase e Daniela Mingo -2-) - OZA JUVENIL SD 0

17ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Noa Saiz) - DUMBRÍA CF 0