Este domingo 1 de marzo destacou en ANOSACANTEIRA o partido do Fabril nas Eiroas ante o Bergantiños CF.
Os fabrilistas rabuñaron un punto (2-2) nun partido no que chegaron a ir por detrás na segunda metade por 2-0. Nájera no minuto 81 e Enrique Fernández no desconto foron os goleadores.
Con este resultado, o filial suma 50 puntos na 2ª posición da táboa en Segunda Federación, a 2 puntos do Oviedo Vetusta, líder con 52.
Manuel Pablo contou coas baixas por lesión de Damián Canedo, Manu Ferreiro e Vilela, este con unha lesión muscular na súa cadeira dereita; ademais de Bil, que viaxou co primeiro equipo a San Sebastián.
Tamén o domingo, pero no campo Arsenio Iglesias, o Xuvenil A (foto principal da noticia), á fronte da División de Honra, impúxose por 3-0 ao CD Lugo con 'hat trick' de Lucas Castro.
Os pupilos de Miguel Figueira, líderes da categoría con 55 puntos, están en plena conta atrás da Final Four da Copa del Rey, o xoves 12 de marzo ás 18:30 no Anxo Carro de Lugo fronte ao FC Barcelona.
Mauro Valeiro foi titular após proclamarse campión coa selección española sub-17 do torneo internacional do Algarve (Portugal).
Completou a xornada a derrota do Xuvenil B no campo coruñés da Grela 1 ante o Ural Español CF (2-0); e os triunfos do San Tirso SD Infantil no campo santiagués da Merced ante o CD Conxo Santiago (0-3) e do Alevín no Trofeo Conservas Calvo de fútbol once ante o Atlético Coruña Montañeros CF (1-6).
Este sábado 28 de febreiro xogouse o groso da xornada.
Ás 12:30 o Cadete caeu (4-2) co ED Val Miñor Nigrán en Condomínguez e o San Tirso SD Cadete empatou (3-3) co CD Areosa no Monte após un partido no que sempre foi por detrás no marcador.
Para o campo 1.2 da Torre quedaron o triunfo do Benxamín A ante o Olímpico CF (11-0) e a derrota do Fabril FC Benxamín fronte ao CD Calasanz (3-1).
Pola tarde, en Pontevedra, o Infantil dobregou ao AJ Lérez por 0-10.
Precisamente nos infantís branquiazuis ANOSACANTEIRA suma un novo internacional, Gael Seijo.
O central ou mediocentro deportivista foi convocado por primeira vez pola selección española sub-14 para unha concentración que terá lugar na localidade alacantina de Alfaz del Pi do luns 2 ao venres 6 de marzo.
Finalmente, o Fabril FC Alevín disputou a UGS Champions Cup 2026.
Na xornada final, os fabrilistas foron campións da Fase Plata ao dobregar na final por 2-0 ao SL Benfica.
Ademais, Alberto Bonigno 'Quillo' foi nomeado mellor adestrador do torneo.
O calendario abriuno o Alevín, que iniciou o venres 27 de febreiro ante o CD Lugo a súa participación na XVI edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
O encontro, correspondente á 1ª xornada celebrada a pasada fin de semana, foi para os branquiazuis por 9-0.
Compoñen este grupo norte ademais estes equipos: ADC A Piringalla, Atlético Coruña Montañeros CF B, CD Calasanz, CD As Pontes, Club de Campo Ferrol B, ED Luis Calvo Sanz, Galicia Caranza, Racing de Ferrol, SRD Portuarios, San Tirso SD, Ural Español CF e Victoria CF.
O formato de competición é de liga a unha soa volta. O campión de grupo pelexará polo trofeo co campión do grupo sur nunha final que se xogará nas Eiroas (Carballo).
Os resultados da semana foron os seguintes:
Segunda Federación
25ª xornada: BERGANTIÑOS CF 2 - FABRIL 2 (Nájera e Enrique Fernández)
Categoría xuvenil
División de Honra, 22ª xornada: XUVENIL A 3 (Lucas Castro -3-) - CD LUGO 0
Liga Nacional, 24ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 2 - XUVENIL B 0
Categoría cadete
División de Honra, 20ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 4- CADETE 2 (Pablo Vara e Anxo Castro)
División de Honra, 20ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Álex Vidal, Manu Alcázar e Javi Barral) - CD AREOSA 3
Categoría infantil
División de Honra, 20ª xornada: AJ LÉREZ 0 - INFANTIL 10 (Aritz, Santi Durán -3-, Yoel Darriba -2-, Iván Gil -2- e Álvaro Gómez -2-)
División de Honra, 20ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Hugo Álvarez, Yago Fernández e Eliam)
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 1ª xornada: ALEVÍN 9 (Enzo Fernández -4-, Mateo Songo'o -3-, Leo Lorenzo e Diego Castelo) - CD LUGO 0
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 2ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - ALEVÍN 6 (Diego Castelo, Mateo Songo'o, Leo Lorenzo, Adrián Míguez, Adrián Liñares e Yago Prieto)
Primera Futgal A Coruña, 21ª xornada (martes 24): ALEVÍN A 9 (Alberto Novo -3-, Adrián Liñares -2-, Álex Casado, Yago Espasandín, Andrés Valencia e Adrián Míguez) - SPORTING CAMBRE 0
Primera Futgal A Coruña, 21ª xornada (martes 24): ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2 - FABRIL FC ALEVÍN 5 (Leo Galbán -2-, César Leira, Pablo Gómez e Pablo Martelo)
UGS Champions Cup 2026 en Ginebra (Suíza)
Sábado 28 de febreiro
Primera Fase
OLYMPIQUE MARSELLA 1 - FABRIL FC ALEVÍN (Martín Coronel -2- e Pablo Gómez)
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Pablo Martelo, Marco Deus e Manu Parada) - UGS FC 1
FABRIL FC ALEVÍN 4 (César Leira, Martín Coronel, Pablo Gómez e Mateo Pastorín) - YVERDON SPORT 0
Segunda Fase
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Pablo Martelo) - HERTHA BERLÍN 3
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Manu Parada, Gael Fernández, César Leira e Martín Coronel) - CHAMPEL ET CHÊNOIS 2
Domingo 1 de marzo
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Pablo Gómez) - SPORTING CP 2
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Gael Fernández e César Leira) - JUVENTUS DE TURÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 7 (Pablo Gómez -2-, Mateo Pastorín, Manu Parada, Pablo Couso, César Leira e Pablo Martelo) - UGS FC 0
Fase de Plata
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 4 (César Leira, Pablo Gómez, Marco Dios e Manu Parada) - YVERDON SPORT 2
Semifinais
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Gael Fernández) - LOSC LILLE 1. A penaltis: 7-6
Final
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Asier Órdax e Mateo Pastorín) - SL BENFICA 0
Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 21ª xornada: BENXAMÍN A 11 (Pablo Campanero -3-, Hugo Cancela -2-, Nico Mariño -2-, Tomás Sánchez -2-, Ian Lata e Mateo Ramos) - OLÍMPICO CF 0
Primera Futgal A Coruña, 21ª xornada: CD CALASANZ 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Pablo Martelo)
