O Dépor ABANCA sumou un punto ao empatar (0-0) no campo Novo San Pedro ante o Atlético Villalonga FF, en partido correspondente á 12ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.
Foi titular Antía Veiga, que acaba de participar coa selección española sub-17 na Rolda 1 do Campionato de Europa de Portugal.
Tamén saíron de inicio 3 das 4 futbolistas que sentaron no banco de ABANCA-RIAZOR no partido do primeiro equipo ante o Granada CF e que non chegaron a saltar ao céspede: Carmen Carballada, Michi Apóstol, Lucía Rivas. Sonsoles saltou ao céspede no minuto 72.
Pola contra, Redru, que saíu no once do Dépor ABANCA ante as granadinas, foi baixa.
Con este resultado, o filial suma 14 puntos na 8ª posición.
Dépor ABANCA B: Antía Veiga, Sara Barreda, Noe Mayo (Dunia Dahmouni, min. 76), Michi Apóstol, Carmen Carballada, Sara Cercido, Laura Otero (Valbuena, min. 72), Lucía Rivas, Lucía Mariño, Laura Ruiz (Sonso, min. 72) e Yanís Citoula
O vindeiro sábado 13 de decembro ás 12:00 o Dépor ABANCA B recibe no Dépor Training Center ao Burgos CF.
Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:
Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido -2-) - Madrid CFF B 1
Bizkerre Club 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - Atlético de Madrid C 1
Real Avilés Industrial 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 1 (Redru) - Real Sociedad B 2
RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 0
Real Racing Club 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - SD Eibar B 4
Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Laura Ruiz -2-)
Deportivo ABANCA B 1 (Laura Ruiz) - Athletic Club B 2
Deportivo ABANCA B 0 - Olímpico de León 3
Atlético Villalonga FF 0 - Deportivo ABANCA B 0
