Dous partidos xóganse este domingo 7 de decembro en ANOSACANTEIRA.
O Fabril recibe ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) no campo Arsenio Iglesias ao Marino de Luanco.
Os fabrilistas, após o empate en Sarria da pasada fin de semana, marchan terceiros na táboa após Gimnástica Segoviana CF e Oviedo Vetusta.
A semana foi especial para Samu, Íker Vidal, Damián Canedo, Quique Teijo, Fabi e Bil, que viaxaron co primeiro equipo a Sabadell para a Copa del Rey.
Samu, Damián Canedo e Bil debutaron co primeiro equipo en partido oficial nun encontro no que tamén Fabi foi titular.
Manuel Pablo confirmou en rolda de prensa a recuperación de Mane e Noé para o encontro ante os asturianos.
O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.
Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.
O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Completa a xornada dominical o encontro entre o Xuvenil B e o CD Choco previsto para as 12:45 no campo de herba sintética do Dépor Training Center. Fronte a fronte 2º contra 3º.
Sen competición esta fin de semana os dous equipos cadetes e o San Tirso SD Infantil, o único partido oficial este sábado 6 foi a visita do Xuvenil A (na foto principal da noticia) ao Real Racing Club en Santa Cruz de Bezana.
Os branquiazuis golearon por 0-4 aos cántabros e suman 25 puntos no grupo de cabeza da División de Honra.
Foi titular Nico Balbas após o seu paso polo Mundial sub-17 con Honduras.
Onte venres, o Infantil impúxose por 2-0 ao RC Celta en #ONOSDERBI da División de Honra correspondente á 9ª xornada que foi aprazado no seu día.
Decidiron os goles de Julen e Santi Durán.
Con este resultado, os branquiazuis consolidan o liderado con 33 puntos por 27 os seus inmediatos perseguidores, RC Celta e ED Val Miñor Nigrán.
Para este venres 5 tamén quedou o encontro do Fabril FC Benxamín, que superou (7-1) no Dépor Training Center ao Sporting Cambre.
O Alevín A e os dous equipos benxamíns adiantaron os seus partidos ligueiros na Primera Futgal A Coruña debido á súa participacion a fin de semana nos torneos da SD Amorebieta, Cantabria Infinita en Torrelavega e Tucho de la Torre en Marín.
O pasado xoves 4 de novembro o Alevín A venceu ao Betanzos CF (0-5) e o Benxamín A ao Atlético Arteixo (0-12).
O partido entre o Fabril FC Alevín e a UD Carral, previsto tamén para este xoves, foi suspendido até nova data por determinar.
Precisamente Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín conclúen este domingo a primeira fase do Torneo Tucho de la Torre despois de 4 partidos este sábado.
E o Alevín A inicia este domingo a súa participación na Amorebieta Etxano Cup en Txolon.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
14ª xornada: FABRIL - MARINO DE LUANCO, o domingo 7 de decembro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias
Categoría xuvenil
División de Honra, 12ª xornada: REAL RACING CLUB 0 - XUVENIL A 4 (Nico Balbas, Lucas Castro, Trillo e Íker Gil)
Liga Nacional, 14ª xornada: XUVENIL B - CD CHOCO, o domingo 7 de decembro ás 12:45 no Dépor Training Center
Categoría infantil
División de Honra, 9ª xornada: INFANTIL 2 (Julen Díaz e Santi Durán) - RC CELTA 0
Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: BETANZOS CF 0 - ALEVÍN A 5 (Adrián Míguez -2-, Antón Fernández, Saúl Cancela e Álex Casado)
Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - UD CARRAL, aprazado
XXI Amorebieta Etxano Cup en Txolon
Domingo 7 de decembro
Primera Fase
9:30: ALEVÍN A - SD AMOREBIETA
12:00: ALEVÍN A - ATHLETIC CLUB
13:30: ALEVÍN A - ATLÉTICO DE MADRID
En función a clasificación, os equipos pasan a continuación á seguinte fase
X Torneo Cantabria Infinita
Luns 8 de decembro
Primera Fase, en Tanos
10:00: ALEVÍN A - SD SOLARES
12:00: ALEVÍN A - DONOSTIA AK
13:30: ALEVÍN A - CD SANTURTZI
En función a clasificación, os equipos pasan a continuación á seguinte fase
Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)
Primera Fase
Sábado 6 de decembro
AD VILA DO CORPUS 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Leo Galbán, Nico Castro e Marco Dios)
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Brais Iglesias) - FC PORTO 0
VITÓRIA SC 1 - FABRIL FC ALEVÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Brais Iglesias) - RACING DE FERROL 0
Domingo 7 de decembro
11:00: FABRIL FC ALEVÍN - PABELLÓN OURENSE CF
Os 4 primeiros do grupo pasan a cuartos de final e o resto xogarán unha Fase de Plata
Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 0 - BENXAMÍN A 12 (Tomás Sánchez -4-, Hugo Cancela -3-, Pablo Campanero -2-, Mateo Ramos -2- Fabio Álvarez e Ian Lata)
Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Jaime Fraga -2-, Tomás Lorenzo, Milan Songo'o, Anxo Fernández, Álex Martínez e Diego Freire) - SPORTING CAMBRE 1
Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)
Primera Fase
Sábado 6 de decembro
AD VILA DO CORPUS 0 - BENXAMÍN A 5 (Xosé Varela -2-, Mateo Ramos, Tomás Sánchez e Leo Díaz)
BENXAMÍN A 1 (Xosé Varela) - FC PORTO 0
VITÓRIA SC 0 - BENXAMÍN A 2 (Pablo Campanero -2-)
BENXAMÍN A 4 (Pablo Campanero, Manu López, Tomás Sánchez e Hugo Rey) - SPORTING DE GIJÓN 2
Domingo 7 de decembro
11:00: BENXAMÍN A - PABELLÓN OURENSE CF
Os 4 primeiros do grupo pasan a cuartos de final e o resto xogarán unha Fase de Plata
Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)
Primera Fase
Sábado 6 de decembro
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izán Mallón e Álex Martínez) - SC BRAGA 4
EF VILA DE MARÍN 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izan Mallón e Bruno Gómez)
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izan Mallón e Jaime Fraga) - RC CELTA 3
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - SPORTING CP 3
Domingo 7 de decembro
9:30: REAL OVIEDO - FABRIL FC BENXAMÍN
Os 4 primeiros do grupo pasan a cuartos de final e o resto xogarán unha Fase de Plata
