RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Código Ético do Real Club Deportivo da Coruña, SAD

O Consello de Administración do Deportivo aprobou o Código Ético ao que está sometida a actuación de todas as persoas que forman parte do Real Club Deportivo da Coruña, SAD. Consulta aquí o Código &E

O Código Ético recolle as obrigacións de todos os que dun ou outro modo representan ao Club de actuar cos máis altos niveis de integridade, rigor e ética. Esta forma de ser e de actuar, estes valores, trasladaranse, como cultura organizacional, desde calquera equipo de fútbol basee ata o primeiro equipo profesional, e desde o primeiro traballador ata o presidente. O obxectivo é facer do Dépor unha entidade universal, fiable, rigorosa, ética e integra.
 
A partir deste Código Ético desenvolvéronse unha serie de protocolos internos que se implantarán no Club, e outros que se elaborarán a medida que a actividade da Sociedade o vaia requirindo:
 
Protocolo Xogo Limpo 
Protocolo Anticorrupción 
Protocolo Antiblanqueo de Capitais 
Protocolo contra infraccións ao dereito da competencia e delitos relacionados
Protocolo Antiacoso e Antidiscriminación 
Protocolo de contratación laboral 
Protocolo de relacións coa Administración Pública 
Protocolo Fiscal 
Protocolo de Privacidade 
Protocolo de Publicidade e relacións cos medios 
Protocolo de Canle Ética
Protocolo de Controis Financeiros
Protocolo de Seguridade