RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Comeza con choiva e temperatura otoñal a última semana de pretemporada no Dépor

O Deportivo arrancou esta tarde en Abegondo a última semana de pretemporada que concluirá este sábado 20 ás 18:30 h. coa disputa da LXXI edición do Trofeo Emma Cuervo, un dos decanos do fútbol internacional xunto co Teresa Herrera, no broche final á Dépor Xira Integral Motion 2022.

Tan só dous futbolistas están a día de hoxe con traballo individualizado: Diego Villares e Héctor Hernández.

Tal e como predixo Borja Jiménez a pasada semana, Raúl Carnero e Ibai Gómez enfilan a recta final da súa recuperación. O futbolista coruñés completou toda a sesión, do mesmo xeito que a do pasado venres en ABANCA-RIAZOR, mentres que o vasco, de acordo cos Servizos Médicos, retirouse antes que o resto aos vestiarios, para completar a xornada cos fisioterapeutas e o readaptador, Álex Canosa.

Esta tarde, após unha activación e roda de pases, o corpo técnico branquiazul dispuxo un traballo de posesión, un exercicio de transicións e un partido nove contra nove.

A sesión vespertina concluíu cunha tarefa aeróbica supervisada polos preparadores físicos Luis Fandiño e Sergio Roca.

A climatoloxía ademais acompaña para o esixente traballo de pretemporada. Hoxe Abegondo rexistrou choiva persistente e non máis de 19 graos fronte aos máis de 30 graos que sofre boa parte da península no ecuador do mes de agosto.

Yeremay, Dani Barcia e Jairo foron esta tarde os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá mércores, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.