RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Comezan as obras en Abegondo

Esta mañá as máquinas iniciaron os movementos de terra que pon en marcha os traballos da cada vez máis próxima Cidade Deportiva de Abegondo.

Hai que destacar a idoneidade da situación do complexo deportivo, pola súa proximidade á cidade, nunha contorna ideal para a práctica de deporte en contacto coa natureza.

Tras as dificultades xurdidas nos últimos meses para levar a cabo a construción das tan necesarias instalacións, finalmente o pasado mes de marzo unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia daba luz verde á Cidade Deportiva de Abegondo e hoxe déronse os primeiros pasos.

Estamos ante unha situación moi especial, o nacemento dun importante complexo deportivo, con escolas de fútbol para os mozos, onde se potencie a práctica do deporte nunha contorna inmellorable. Por fin, un dos obxectivos principais do Plan Quinquenal 2000-2005, a ansiada Cidade Deportiva do Club, está cada vez máis preto.

A futura Cidade Deportiva dispón dunha superficie superior aos 100.000 metros cadrados, nos que se construirán dez campos de fútbol de medidas regulamentarias, onde o Fabril e os Xuvenís de Liga Nacional e División de Honra poderán disputar os seus encontros e onde o Deportivo e os demais equipos do Club realizarán os seus adestramentos.

Nos campos haberá unha bancada, con capacidade para varios miles de espectadores. Debaixo da mesma construiranse vestiarios, ximnasio, instalacións para os servizos médicos e de recuperación, sauna, sala de fisioterapia, sala de prensa, sala de reunións, cafetaría, etc.

Galería de imaxes.