Compromisos das categorías inferiores en Semana Santa
As categorías inferiores do Deportivo teñen un intenso calendario de actividades durante o fin de semana de Semana Santa. Todos eles teñen distintos desprazamentos para os seus respectivos torneos.
O Deportivo Xuvenil A disputará o XXV Trofeo Internacional FC Saint Joseph polo que viaxarán a Lyon vía Madrid o venres. O seu calendario de partidos será: Selección Nacional Romanía - RC Deportivo , o sábado ás 17 horas Deportivo - Wollongong Wolves, o domingo ás 8: 30 horas Saint Joseph - Deportivo, o domingo ás 14:30 horas. O luns disputaranse os postos de 1º a 8º e despois regresarán á Coruña vía Madrid.
O Deportivo Xuvenil B e o Infantil A participarán no XIV Torneo Nacional de Fútbol Basee Ciutat de Vilassar de Mar. O equipo infantil debutará o venres ás 19 horas ante o Gramanet mentres os Xuvenís xogarán o seu primeiro partido tamén o venres ás 20 horas ante o Zaragoza. O sábado ás 18 horas os infatiles enfrontaranse ao Espanyol, o mesmo rival que terán nos xuvenís unha hora máis tarde. O domingo o Deportivo infantil xogará ás 12 co Vilassanes e ás 13 horas serán os xuvenís branquiazuis os que se enfronten ao Atlético Vilassanes.
O Cadete B participará no VIN Torneo Internacional de Futebol Iniciados Gaia Jovem. O equipo, que viaxa o xoves, disputará o venres ás 10:30 horas un partido ante a Escola Municipal de Santander, ás 15 horas enfrontarase á selección Gaia e ás 16 ao Sport Lisboa e Benfica. O sábado ao longo do día xogaranse as clasificacións do 1º ao 8º posto e despois o equipo regresará á cidade herculina.
O Infantil B, pola súa banda, disputará en Oira (Ourense) un partido ante o Pavillón Paternina o venres día 9 ás 12.
O Deportivo Alevín participará no II Torneo Atlántico Alevín 7 Ureca Caixa Nova, en Nigrán. O día 7, ás 18 horas, xogarán co Vitoria de Guimaraens, o mesmo día 7 ás 19, co 2º da fase previa e o día 8 ás 11:15 horas, coa Seca.