RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Comunicado do R.C. Deportivo ás declaracións de Francisco Vázquez

Ante as declaracións desta mañá do Alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, nas que apoia a iniciativa do club de solicitar a final da Copa do Rei para Riazor; e, así mesmo, ante o anuncio feito polo rexedor coruñés de levar ao pleno municipal a concesión

1. Agradecer as palabras do Alcalde da Coruña polo seu apoio á petición do Real Club Deportivo de organizar na cidade a final da Copa do Rei, co que este evento representaría para A Coruña e a súa área de influencia en moitos aspectos: económico, de proxección turística...

2. Lembrar unha vez máis que o Real Club Deportivo leva 1.450 días -é dicir, case catro anos- esperando para ser recibido no Palacio de Maria Pita simplemente para falar. Falando enténdese a xente.

3. O Real Club Deportivo e o Concello da Coruña, como tales institucións, están por encima das persoas e de valoracións persoais. E, tal e como reflicten as palabras do Alcalde esta mañá, o que é bo para esta entidade Centenaria, o é tamén para a súa cidade.