RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Conclúe, en Pavillón Inferior, a primeira fase de rehabilitación de localidades

  Esta mañana concluíu a primeira fase da actuación de rehabilitación de asentos de Pabellón Inferior. Todas as localidades desa bancada presentan xa o seu aspecto definitivo, maioritariamente azul excepto os asentos q

Finalizada esta fase, hoxe comezaron os mesmos traballos de pintado na bancada de Preferencia Inferior. As tarefas comezaron hai 15 días coa revisión, un por un, de todos os asentos de ambas as bancadas, substituíndo os que estaban deteriorados ou tiñan problemas de ancoraxe.Unha vez substituídos todos os asentos, procedeuse á limpeza en profundidade e tratamento con produtos químicos para permitir o proceso que se está levando a cabo actualmente. Todos os asentos foron ou van ser pintados de branco e azul para recuperar o seu aspecto orixinal de face ás próximas tempadas.
 
Aproveitando esta actuación, a cor azul gañará presenza en ambas as bancadas, quedando reservados os asentos brancos para configurar a palabra "Dépor" e a data "1906", xa visible, como un gran mosaico permanente que se poderá admirar co estadio baleiro.
 
O proxecto tamén inclúe o pintado das escaleiras de ambas as bancadas e someter a Preferencia Inferior a un tratamento de rexeneración moi forte. Ao tratarse da única bancada descuberta do estadio, a humidade e o brión xeran con frecuencia problemas estéticos e de seguridade que van ser liquidados cunha limpeza que devolverá a todas as superficies o seu aspecto orixinal e a un posterior pintado e tratamento antiescorregadizo para evitar sustos aos afeccionados que ocupan esa bancada.
 
Deste xeito, o Real Club Deportivo continúa coa súa política de investimento constante en mellorar a seguridade e a comodidade de todos os socios e afeccionados que acoden ao Estadio Municipal de Riazor, así como o aspecto do mesmo.
 
O Deportivo quere solicitar, a todos os seus socios e afeccionados, o máximo coidado e respecto polas instalacións de Riazor, a casa de todos os deportivistas, xa que cada asento roto ou cada desfeita producida no estadio carrexa importantísimos gastos ao Club cada tempada.